vendredi 28 décembre 2007
¿CÓMO DEBE COMPORTARSE UNA VERDADERA PRINCESA?
Martin Pawley remarca un artigo de Gustavo Puerta. Eu concordo en moitas afirmacións do artigo, aínda que me parece que está en boa parte escrito baixo o concepto da calidade, non dende o punto de vista dun libro que pode gustar a un neno. Un amigo atribúe o éxito de Manolito Gafotas a que facía bos chistes para pais. Pois Gustavo Puerta fala no seu artigo de boa literatura infantil para adultos. Eu leo libros (en galego) para nenos coa intención de recomendarllos á miña filla, que está iniciándose na lectura con moito interese. E,... [Lire la suite]
vendredi 28 décembre 2007
AS ELIPSES DE GAVALDA
Galaxia está atinando coa súa política de traducións, a pesares que os seus autores nacionais se queixen de que se lle resta espazo no catálogo. O novo acerto é Xuntos e máis nada, que vai para segunda edición. Recupereina hai uns días do esquecemento no que me ficara o ano pasado e estoume divertindo moito. O sentido do humor da Gavalda, apricado nomeadamente a cuestións laborais e de relacións personais é ben ácedo. O que amola un chisco é o xeito de contar. Eu valoro moito os escritores que saben dicir cando que dicir e calar cando... [Lire la suite]
jeudi 27 décembre 2007
OS CEOS DE VALCÁRCEL
Os fotógrafos son unha etnia diferenciada. Eu compróboo decotío no meu xornal. Móvense como as mandas de lobos, en solitario ou agrupados entre eles, cos seus horarios distintos, falando entre eles no seu barallete de píxeles, varridos e lentes. Envéxolles o saber agardar a que a imaxe concreta que queren se lles cruce por diante, cando agardar pola noticia é inconcebible nun redactor. Dentro desa etnia está tamén os fotógrafos afeccionados, que se resistiron ás crónicas de voda e seguiron traballando no que lle cadrou. Carlos... [Lire la suite]
mardi 25 décembre 2007
A GRAN VOLTA DE SEIDLER
O Olentzero, que me debe de coñecer ben, deixoume o delicioso The grand tour, de Harry Seidler. O libro é unha volta ao mundo en fotografías dos mellores traballos arquitectónicos reunida en case que seiscentas páxinas. O que me gusta do volume, a maiores da escolla que fai, é que os seus comentarios son escuetos e non van alén do preciso. Seidler traballou con grandes coma Breuer ou Niemeyer, pero deixa que as imaxes sexan as que argumenten.
mardi 25 décembre 2007
TRISTEZA
Un dos primeiros discos de jazz que merquei era de Oscar Peterson, un pianista inesquecible.
vendredi 21 décembre 2007
'LIMPEZA DE SANGUE', NO LIMBO TEATRAL
Pasaron máis de dous anos dende que Rubén Ruibal levara o Premio Álvaro Cunqueiro e estamos ao pé de que se cumpran dous meses dende que gañara o Premio Nacional de Literatura Dramática por Limpeza de sangue e a peza segue sen perspectivas de representarse. Independentemente de que o Igaem non parece obrigado legalmente, unha obra tan considerada por ambos os xurados debería ser montada. O autor, que aseverou que se atende pouco aos dramaturgos nacionais, anunciara no seu día que ía dedicar unha parte do importe do premio a contratar... [Lire la suite]
mercredi 19 décembre 2007
K MIRA O PREMIO COMPOSTELA
Os ollos de K, de Riveiro Coelho, é finalista do Premio Compostela de Novela.
mercredi 19 décembre 2007
PASABA POR ALÍ
Temos dous nominados a un Goya na categoría de mellor canción orixinal: Luis Tosar, Piti Sanz e un que pasaba por alí. Icíar Bollaín andou tarareando dúas frases con Tosar e o tipo que pasaba por alí durante a rodaxe da última fita: "Esa luz que me ciega y nada apaga mi pena". A directora encargoulle a Tosar e "ese amigo tuyo de Galicia con el que haces música", que desenvolvese un tema para a película. O asunto é que Pasaba Por Alí figura tamén como compositor e se chama Santiago García de Léaniz. Hai unha versión... [Lire la suite]
jeudi 13 décembre 2007
TEATRO VERITÉ
Converso con Quico e Cristina a respecto do teatro. Quico apunta que o seu shakespeare favorito non é o mesmo co preferido por case todos, senón ben outro; partillo a súa opinión: o mediocre crecido que acaba manipulado é superior ao paranoico nórdico. Fóra diso, Cristina recolle un comentario sobre que os directores agora din preferir o actor ao personaxe; unha concepción absurda porque se hai un actor nun escenario hai un personaxe. Quico define a tendencia como teatro verité. Cristina tivo o grande acerto de propoñerlle ao de... [Lire la suite]