CABARET VOLTAIRE

Contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Representante: Natalja Dudek (Axencia Literaria Galega) 622.86.33.13.

07 janvier 2008

RÁBADE PAREDES, FRANCO E GRANDE

Rábade Paredes asegura que "a mal chamada literatura xuvenil está destruíndo o lectorado, a mocidade ten que estar capacitada para acometer a gran literatura. Non nos pode estrañar que haxa unha porcentaxe tan alta do alumnado que marcha dos estudos antes de chegar á universidade, cando lles estamos negando a posibilidade de ler os clásicos". Ignoro se afirma isto como desexo para os vindeiros Reis Magos ou baseándose na súa experiencia docente con xeracións e xeracións de rapaces. Ficando fóra do campo docente, que el coñece obviamente moito mellor ca min, atendo á miña experiencia como autor de LIX. Aínda facendo novelas sen pretensións clasicistas, observo que as menos achegadas a eses señores son as que máis gustan aos rapaces. E xa van varios que me falaron do primeiro libro que leron con gusto. O profesor de Cospeito sabe sobre o tema do que opina con tanta xeralización, non vou poñer unha coma a iso, pero eu acho que os nosos maiores estanse volvendo francos e grandes de máis.

Posté par Jaureguizar à 12:28 - Commentaires [11] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

Commentaires

Madia leva!!!!!

Rábade Paredes sabe moi ben do que fala. E eu sei moi ben do que el fala.

Non digo máis. Intentei que rapaces entre 12 e 18 anos lesen A Illa do Tesouro e non o consguín.

Os autores da chamada LXI saberedes o que estades a facer.

Posté par ambrosiano, 07 janvier 2008 à 20:39

Clásicos E xuvenís

Eu o que observo é que Rábade Pardes vai un pouco vello para ler novela xuvenil...

Non sei se a mensaxe é que os rapazes de 5º de primaria comecen a ler a Ovidio en latín (e matamos dous paxaros dun tiro) ou que simplemente este señor non sabe qué é a novela infantil/xuvenil.
Como pequena lectora comecei a devorar libros de tal vez pouca cualidade literaria - e outros de cualidade indubidable: algúns escritos por autores clásicos contemporáneos que adicaron parte do seu tempo a crear obras para o público máis novo (Italo Calvino, Ray Bradbury) e outros que adicaron a súa noble laboura case exclusivamente a el (Michael Ende, Gianni Rodari, Roald Dahl).
Entre os galegos, mantíñanme co nariz entre as páxinas as divertidas novelas de Darío Xohán Cabana e unha obra que sempre podo reler unha vez máis: "Das cousas do Ramón Lamote". Literatura xuvenil, si (mais cando lles sairá a un destes señorotes un texto desa xenialidade?).

Posté par pequena lectora, 07 janvier 2008 à 21:54

Pas pire !

Ça fait depuis longtemps que je lis ton blog, mais c'est la première fois que je laisse un petit commentaire, juste pour te dire bravo et continue ton excellent travail ! Viens voir mon site si ça te dis !


http://camquebec.blogspot.com

Posté par Yves, 08 janvier 2008 à 00:51

Ambrosiano, lembro que lin unha e outra vez ese libro na miña adolescencia, lembro que volvín lelo un par de veces na idade adulta e que mirei unhas cantas versións cinematográficas da Illa. Deixoume perplexoa coa súa afirmación. No entanto, temos que recoñecer que os rapaces procuran diversións con códigos moi actuais (os Reis deixaron a miña filla un teléfono para falar con princesas) e non se daremos loitado contra iso. Obviamente, hai algo no que os autores de LIX estamos errando, pero hai un problema estrutural no sistema educativo no que non se logra o interese pola letra impresa que non sei ata que punto van mudar as novelas que nos escribamos.

Posté par jaureguizar, 08 janvier 2008 à 08:14

Pequena Lectora, concordo. Eu lembro que o Quijote me pareceu unha trama moi divertida, pero pouco entendída da súa linguaxe. Os clásicos teñen calidade, adoitan ser entretidos, pero non axeitados para determinados niveis de iniciación na lectura. De todos os xeitos, a propia LIX ten clásicos abondos como para formar e distraer. Vostede cita varios. Sen saír do noso país, temos, a maiores dos que vostede cita, a Fernández Paz, Docampo e moitos outros.

Posté par jaureguizar, 08 janvier 2008 à 08:21

A modo

Puido parecelo, mais o meu comentario non era un ataque a nada nin a ninguén. Desde que existe a Literatura houbo libros bos e libros malos. E houbo lectores para ambos os dous tipos de libros. Ese non é o problema. ¡Faltaría máis que descalificásemos os escritores, bos ou malos -subxectividade- que fan en Galicia LXI! Ata aí podiamos chegar.

Outra cousa son os clásicos. Porque, ó citar a Rabade Paredes, non estamos a falar dun motivador de lectores calquera. Naturalmente que é bo e sempre será bo que quenquera que sexa lea. Pero un profesor de ensino secundario, enfrontado a alumnos de COU -aínda que hoxe non exista ese curso- non é o mesmo que un pai ou un amigo que aconsella un libro.

Eu teño un amigo, catedrático de Literatura Española en Vigo, que preparou unha edición dos Pazos de Ulloa da Pardo Bazán exclusivamente para os seus alumnos. Anotouna, comentouna, ofreceulla para debatila... e non conseguiu nada.

Pero ese non é o tema. O tema é se un alumno de COU -ou equivalente- debe ou non ler Los Pazos de Ulloa. Ese é o problema. ¿Os Pazos de Ulloa ou Harry Potter?

Nada exclúe nada. Pero os niveis académicos non deberan estar en litixio. Penso.

Posté par ambrosiano, 09 janvier 2008 à 20:57

Ambrosiano, eu non lle vou discutir a Rábade Paredes os seus coñecementos do ensino. Nin se me pasou pola cabeza. Iso non quita que os que nos preocupamos polas lecturas dos rapaces non debamos empezar a asumir que os mozos de hoxendía viven nun hábitat radicalmente diferente ao noso. Eu nos días de choiva da miña adolescencia en Ribadeo tiña dúas opcións: mirar na cadea única da televisión a cousa que me cadrase nese momento que estivesen botando, intentar chegar a un acordo con algún dos meus catro irmáns para xogarmos a algo ou fochicar nos libros de literatura do meu pai. O meu pai foi un lector empedernido e con había bastantes clásicos. Dese xeito, e grazas á choiva, descubrín o divertido que era ler. Agora a miña filla ten un só irmán co que negociar, pero ten dez canles de programación infantil, unha Play e milleiros de xogos na internet. Aínda así, gosta moito de ler. Pero é unha excepción porque a competencia que teñen os libros é moi poderosa. Impresionoume onte o seu comentario sobre A illa do tesouro, eu non coñezo novela máis marabillosa, pero está claro que os mozotes xa non queren ser piratas. Se polo menos queren ser Harry Potter...

Posté par jaureguizar, 09 janvier 2008 à 22:36

Amén, meu amigo.

Posté par ambrosiano, 09 janvier 2008 à 23:51

Envexa

Arthur Schopenhauer, lectura recomendada para nenos de 8 anos... non te fastidia!!!!. E en vez de aprender ingles ou galego, fora toda discusión, aprendamos latín!.
Eu creo que a Rábade Paredes e a outros destos o que lles ocorre é que teñen envexa, non gañan cartos e punto, non me digades que non porque sempre foi así.

Posté par ad, 10 janvier 2008 à 10:14

Ambrosiano, decepcionoume a miña propia reflexión, pero a realidade non dá máis de si.

Posté par jaureguizar, 10 janvier 2008 à 11:27

Eu ignoro as razóns de Rábade Paredes para facer ese comentario. Esa que apunta vostede, AD, pode ser unha delas, non me atrevería a afirmalo porque gañou o Blanco Amor do ano pasado e destas alturas da súa vida non creo que aspire a empezar a vender libros a esgalla. De todos os xeitos, eu acepto a súa reflexión, o que me sorprende é que veña dun profesional que convive decotío con rapaces que non teñen interese pola lectura, por ningunha lectura.

Posté par jaureguizar, 10 janvier 2008 à 11:30

Poster un commentaire







Rétroliens

URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=7476308

Liens vers des weblogs qui référencent ce message :