Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 janvier 2008

XA QUE VAN PASAR POR CUBA...

Digo eu que, xa que van, poderían aproveitar a viaxe para bisbarlles que están facendo unhas cousas moi feas, que haberá quen sexa mal escritor no país caribeño, e mesmo neglixentes periodistas que se enganen sempre cos horarios do teu programa favorito e pésimos bibliotecarios que non sexan quen de atoparche o libro que buscas, mais escribir, informar ou manexar libros non poder ser unha "conducta social predelicitiva". Era unha suxestión, ¡eh?; porque penso, que xa que van ter o micro aberto e son europeos, a eles non lle van dar abeiro forzoso e podían botar unha man a uns colegas.

Publicité
Publicité
Commentaires
C
A intelectualidade galega ten moito mérito e amosa signos de evidente cambio: xa non se venden por un caldiño, non os nosos benqueridos intelectuis, teñen un bo saque e frecuentan o Don Gaifeiros porque ao Sr. Grifón non hai quen o leo pero as paparotas que se meteu a conta do psoe, pp, tanto ten... En fin, que aos nosos admiradores escritires non lles presta as pataquiñas, apuntan máis alto. ¿Como, non digamos comprar, senón activar o cerebro dos nosos egrexios escritores? Pois cunha viaxe á fermosa illa de Cuba, a perla do Caribe que din os cursis e xa está. Cantos máis, mellor así non haberá críticas. O método está ben, ten antecedentes nun tipiño con bigote que erguía o brazo porque nesa orientación tamén se incluen aos medios. A consellería ou Consallaría, dependende, escolle aos medios e aos xornalistas! Non fai falla que lle escriban as pseudo-crónicas, non, eles están contentos e agradcidos escribindo nun bo hotel e xa saben como contentar a dona Ánxela. Curioso que estea Neira Vilas, que se veu para G. pq na illa non se vivía nada ben nun exemplo de solidariedad revolucionaria. Moito máis consecuente é o caso de Villares: tanto lle ten que goberne, a el mentres lle paguen arrimase a onde sexa.
¿Que pinta a culta galega en Cuba? Nada, pagar viaxes, despilfarrar e ¿por qué se vai? porque os coñecemenos idiomáticos dos responsables culturais non trascenden do galego (así a medias) e o castellanito que o falan algo máis que na intimidade.
Ou sexa, Viva Cuba Revolucionaria e Vivan os mojitos.
Répondre
J
Con todo, e volvendo á viaxe da embaixada cultural galega a Cuba, non dubido de que os membros do Pen Club que acudan han protestar publicamente pola situación deses escritores, xornalistas e bibliotecarios.
Répondre
J
O blog de Folerpa recolle a cuestión e opina. Eu, como son torpe para comentar en blogues alleos, vouno facer aquí.

http://alfaias.blogspot.com/2008/01/fil-2008.html#comments

Anónimo 2, os escritores galegos viaxamos moito ao Egoalde (País Vasco Sur); mesmo algún nacemos alí.
Anónimo 1, o peche dun xornal, a maiores dunha torpeza política, é unha inxustiza xudicial polo que ten de xeralización. E se quere que falemos sobre a Garda Civil ou sobre ETA non ten máis que chamarme, teño experiencias familiares e mesmo persoais.
Señor Ruibal, eu tamén escribín cousas positivas a respecto de vostede e a súa obra. Deduzo que non as leu
Répondre
J
Iso, iso; ¡Cuba Libre, Poder Popular (en chándal)!
Répondre
A
É vostede un lacaio do imperialismo, un gusano, un comemierdas, un contrarrevolucionario. Cuba é un paraíso, onde o pobo é feliz disfrutando da abundancia e da liberdade. Non hai presos de conciencia, porque Cuba é a democracia máis grande do mundo mundial. Entérese!

Por iso imos alí a solidarizarnos co pobo cubano e coa revolución. E de paso, a tomarnos uns mojitos e a ver se pillamos cacho. He, he, he. Viva a revolución, viva Fidel.

Asdo.: Uns cantos escritores do SLG.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité