Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 janvier 2008

¿HANDKE APAGA A LUZ?

A miña relación con Peter Handke resúltame estraña dende a primeira vez que o lin. Nada ten que ver co que me gusta en literatura, moito máis narrativo, mais gústame. Lento regreso e La doctrina de Saint-Victoire influíronme en grande medida, están aboiando coma unha néboa baixa nas miñas descricións de espazos. Carta breve para un largo adiós fíxoseme curiosa. La pérdida de la imagen o por la sierra de Gredos sorprendeume ao primeiro, pero acabou por desconcertame ata o punto de abandonala na páxina 85. Lucie en el bosque con estas cosas de ahí decepcionoume; é un deses libros de homenaxe a unha filla que todo pai que a escriba debe agasallarlle á cativa e absterse de publicar. En una noche oscura salí de mi casa sosegada pareceume ben divertida e Don Xoán (contado por si mesmo) cansoume. Un viaje de inverno a los ríos Danubio, Save, Moravia y Drina o Justicia para Serbia, e Apéndice de verano a un viaje de invierno parécenme dúas crónicas xornalísticas de inexcusable lectura, tanto polo exercicio técnico como polo coñecemento que achega dun punto de vista contrario ao oficial en Occidente, de que os criminais de guerra tamén sofren crimes de parte das súas vítimas. Onte Peter Handke insinou que vai apagar a luz e ficar en silencio na escuridade.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Eu non creo que teña esas carencias. Hai xente neste país que as sofre e recibe montes de laudatios. Lin con gusto as crónicas sobre Handke. Os libros de Pavic ben os coñezo, debo de telos a cincuenta metros de acó, na Biblioteca Provincial de Lugo, pero o que non teño é vagar.
Répondre
S
A Pavić hai que collelo de boas. O diccionario Jázaro -traducido mestralmente por D. Soldatić- está editado en Ed. Debate, na súas tres versións.
Répondre
S
Xa, pero carezo da máis mínima capacidade expresiva, estructural e narrativa....
Répondre
J
Partillo as súas afirmacións sobre o caso Handke. Non lin a Pavich, pero semella un home interesante. Botei en falla que non desenvolvese o encontro.
Répondre
J
Desculpe, mais ignoraba que continuase vostede co blog. Boteille unha ollada ao tema e ten boa pinta. En canto teña o vagar preciso,lereino. Grazas
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité