CABARET VOLTAIRE

Contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Escaparate galego: Se hai libro galego, hai cliente galego.

24 janvier 2008

WOLFE, BACK TO MONEY

Sergio Vila-Sanjuán asegura que pasou o tempo dos editores e que estamos no dos axentes literarios. Fala de Estados Unidos, nomeadamente. Na Galiza nin axentes literarios temos, porén non podemos queixarnos da calidade dos editores. Intúo que os nosos editores acabarán mudando en axentes literarios na volta duns anos, cando a tiraxe dos libros gutenberianos se reduza en boa medida diante de formatos máis baratos (pdf ou edición dixital, dado que o libro electrónico non dá arrincado porque ninguén quere mercar un soporte novo cando ten a súa vida ateigada de soportes). Poida que iso asegure a supervivencia de tantas editoriais pequechas coma temos e que deberían unírense entre elas. Vila-Sanjuán partía na súa reflexión do traslado de Tom Wolfe dende a súa editora dos últimos 42 anos (é dicir, de sempre) a outra para publicar a súa nova novela Back to blood, unha ficción sobre a inmigración latina. A milagre foi conseguida por sete millóns de dólares que lle apañou a súa representante.

Posté par Jaureguizar à 15:58 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

Commentaires

Poster un commentaire







Rétroliens

URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=7681127

Liens vers des weblogs qui référencent ce message :