Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
11 février 2008

A CORUÑA TRAS O TIFÓN VÁZQUEZ

Discrepo, en parte das afirmacións do profesor Lezcano. Percibo un exceso de nostalxia da pequena cidade burgueso-mariñeira que el puido gozar decontino e moitos fixémolo con regularidade. Eu penso que a Torre de Hércules está ben ensalzada no seu entorno. ¿Hai rañaceos que a tapan para mirala dende a cidade? Debería ter en conta o señor Lezcano que a cidade foise erixindo nunha estreita península, mesmo sobre moitos arenais, e que a presión poboacional e de prezos marca os rañaceos como única solución para acomodar a unhas persoas que teñen dereito a traballar e gozar da súa cidade sen ter que conducir durante media hora de ida e media hora de volta. Algo paralelo acontece co paseo marítimo, que levou a vida á beiramar, nun espazo antes ocupado por matos e silveiras. Os edificios do Cantón son, recoñezo, desiguais, pero cada un deles é un estupendo exercicio de arquitectura; non deixo de admirar o xeito no que Grimshaw levou a luz natural aos sotos da Fundación Caixa Galicia inclinando o eixo do edificio e o xeito no que o abriu ao mar con ese acristalamento que o pon en diálogo coas galerías da Mariña (Falta por reformar o cine Avenida). Os edificios de Palexco y El Puerto, de quitada a españolada do segundo nome, son un belo diálogo coa mar e os seus paneis unha escolla moi alegre. O Millenium, sen entusiasmarme, pecha a badía nun paralelismo coa Torre de Hercules. A estatua de María Pita é unha ranciada ideada por Robespierre, e o Palacio da Ópera, semella dun mal imitador de Speer. Esqueceu Lezcano da desfeita na Praza de Pontevedra , ou a propia Mariña furada de túneis, que entregou ao tráfico no canto de poñelas ao dispor dos peóns. Pero se reparan, as peores reurbanizacións son as que tiveron unha intervención máis directa do cardenal.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité