mercredi 13 février 2008
AS ROUSAS DE PIMENTEL
Vai alá medio século que o barco ficou sen luces. Presumimos del como un dos nosos, cando non o foi. Un amigo que estudou os seus manuscritos di que o seu galego era deforme, que el intentaba escribir en galego e lle saían cousas como rousas. Sempre había algún amigo disposto a correxirlle o textos. Os galeguistas de Lugo (Fole, Piñeiro, Fernández de la Vega, Bal y Gay, etc.) tiraron por el deseguido para atraelo á causa e lográrono, pero seica para el o galego era un xeito de chamar á súa filla ou de berrarlle cabuxiña as poucas... [Lire la suite]