Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 février 2008

O SECUESTRO DE RIVAS

Comendo espaguetis diante da televisión é unha novela negra cunha trama central baseada nun protagonista que debe quitar un cadáver que alguén agochou no sitio máis vixiado de Galicia. A maiores, hai outra trama e varias subtramas. Entre elas, o secuestro de Manuel Rivas. O caso é que esa subtrama foi a máis comentada e estes días, pasada unha década dende a publicación, volve estar de actualidade. Informeime onte de que Xurxo recomendou ese libro nun instituto e de que os nosos de alén o mar incluírono nun ciclo de novela negra galega.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Si, leva razón, a novela na que acontece iso é As horas sucias. Ten que ser apaixoante poder presenzar un debate sobre literatura galega nun lugar tan afastado da nación,sentir que a friaxe da distancia se pode esluír.
Répondre
L
Ogallá fose posible que puideras velo ti mesmo. É certamente interesante ollar a esas vinte e tantas, trinta e tantas e ata corenta persoas na Sala Alfonsina Storni do Tortoni comentando, debatindo, e analizando traballos de autores moitas veces descoñecidos, nunha lingua que non é a de todos os días. O libro que imos traballar é As horas sucias. Saúdos!
Répondre
J
Lectores en Bos, certamente me afaga que lean un libro meu, mesmo se é de cando iniciaba a miña carreira. Non deixa de marabillarme o traballo que andan a facer vostedes tan ao lonxe. Por certo, as fotos de Rivas no hotel son magníficas, xa me contarán quen é o autor.
Répondre
J
Corsario, todo é caricaturizable, pero si, eu creo que hai unha novela negra diferenzada na Galicia porque o país tamén ten características de seu. Unha característica, que vostede practica con humor, sería a parodia da propia novela negra.
Répondre
L
Se algo ten de bo vivir tan lonxe é que traballamos afastados destes amores e odios que percorren todo o sistema literario galego. Lemos o que nos parece bo, analizamos e comentamos dende a nosa ollada de galegos na diáspora, de lectores latinoamericanos pero tamén lectores galegos, non temos compromisos con ninguén nin somos duns ou dos outros. <br /> Nese contexto, dende esa perspectiva, chegamos á novela policial e á novela negra na literatura galega. E ti es un dos autores a traballar, certamente. E farémolo con moita ledicia, con interese e con seriedade. Graciñas polo comentario!
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité