Sigo a Batalla de Sargadelos con atención. Dende pícaro mantiven un contacto casual, pero continuado e intenso, coa parte da empresa asentada en Cervo (a fábrica en círculo que deseñou Albalat é todo un prodixio para percorrer con vagar e admiración). Nunca escribira nada porque soamente coñecía a metade das argumentacións. Onte foi un día revelador. Contra a noite da véspera nos chegara un fax urxente e hiperbólico de Isaac Díaz Pardo: denunciaba un asalto ao IGI e un secuestro dunha publicación. Pero na mañanciña puiden ler, sen tempo non era, a visión da outra parte. Os meus compañeiros de profesión deron micro continuado a Isaac, pero non llo puxeron diante aos seus rivais. Lin o fax e mirei o país de Isaac, no que el ten dereito a gobernar na empresa que fundara con Seoane e Albalat; no proxecto que, leva razón, ergueu cunha xeira heroica e con sensibilidade artística, e que fixo internacional. Logo lin o que razoaba Segis (como se lle coñece en Ribadeo) e mirei o país legal, no que o propietario da cuarta parte dunha empresa non pode gobernar nela e, moito menos, legarlle a xestión á súa familia en forma de padroado: o talento (mesmo un tan grande como o de Isaac) non é reproducible coma unha peza de cerámica.
Commentaires sur O PAÍS DE ISAAC (E O PAÍS)
- ManipulaciónEstou dacordo, nesta historia o tratamento da Prensa é claramente tendencioso. Hoxe temos outro exemplo. Isabel Bugallal conta a teima do secuestro do "Galicia hoy" na Opinión, e non aparece por ningures os argumentos que contaron os de Sargadelos todos estes días, na Voz e no Ideal. Toda esta movida cheira a manipulación, e só por unha das bandas.
- Anónimo, desculpe que non revise o publicado porque non teño tempo. Se cadra debería revisar a miña memoria por recordo ata tres programas de radio nos que se cedeu o micrófono a Díaz Pardo para que lanzase moreas de acusacións contra os accionistas maioritarios de Sargadelos e contra os xuíces que lle van quitando a razón xuicio a xuicio. O que escotei foi a compañeiros meus asentindo e sen poñer un "pero", algo, cando menos pouco profesional. Un periodista pode admirar profundamente a un entrevistado, pero tamén debe saber que o seu papel non é o de facerlle os coros. Díaz Pardo ten toda a razón moral, pero a razón económica e xurídica está da outra banda. Non se pode crear unha fundación para derivar a xestión dunha empresa (cultural) e deixarlla aos fillos e aos netos. A mín tamén me encantaría que os meus fillos xestionasen un proxecto tan bonito e de tanta importancia para a nación coma Sargadelos, pero nin os meus fillos nin eu somos Isaac Díaz Pardo.
- Anónimo, nunca dubidei nin neguei da súa afirmación. A lección é necesaria porque hai moita xente no país arrastrada polas súas paixóns e pola información parcial da que a fornecen. A defensa do cándido volteriano fronte os voitres capitalistas ten bastante de caricatura. O malo é que hai moitas persoas confundindo a caricatura cun retrato.
Nouveau commentaire
pregunte a segis, pregunte a sineiro, porque afstaban o micro cando llelo puñan diante...