vendredi 29 février 2008
FRONTE A BACH
Eu sonlles de Bach. O outro sempre me pareceu música para homes que usan cremas para adiar o envellecemento ilusamente. E o terceiro, propio de ceas de confraternidade que culminan as conmemoracións de batallas. Eu, de Bach; por iso, miro para el perplexo. É como cando o de Xesuscristo. Tantos anos de mitificar a un palestino con corpo para pasear a Galliano e para protagonizar a cuarta tempada de Lost, que logo, mirando aquel Alfredo Landa do século I comesto polo vello fiquei decepcionado.
jeudi 28 février 2008
O PAÍS DE ISAAC (E O PAÍS)
Sigo a Batalla de Sargadelos con atención. Dende pícaro mantiven un contacto casual, pero continuado e intenso, coa parte da empresa asentada en Cervo (a fábrica en círculo que deseñou Albalat é todo un prodixio para percorrer con vagar e admiración). Nunca escribira nada porque soamente coñecía a metade das argumentacións. Onte foi un día revelador. Contra a noite da véspera nos chegara un fax urxente e hiperbólico de Isaac Díaz Pardo: denunciaba un asalto ao IGI e un secuestro dunha publicación. Pero na mañanciña puiden ler,... [Lire la suite]
mercredi 27 février 2008
MALI, LANZAROTE, LUGO
O gravado adoita mirarse como arte menor. Mesmo eu o teño pensado. Barceló convenceume onte do contrario cando paseei pola mostra de obra gráfica dos últimos vinte anos que mirei no Museo Provincial de Lugo. As tauromaquias dos noventa non me chamaron, con seren diferentes; será que o que non me chama é o tema. Pero a serie feita en Mali rachoume. As cabras camiñando rebentadas e desesperadas polo deserto... a luz, traballado en litografías vernizadas, amósase desafiante. E o remate feliz foi a serie Lanzarote. Brutal, selvaxe, ... as... [Lire la suite]
mardi 26 février 2008
A SORPRESA DE BIEITO
A vindeira novela de Bieito Iglesias trae sorpresa ilustrada.
lundi 25 février 2008
TRES ARQUITECTOS QUE COIDARON DE LUGO
O Concello de Lugo ten a cidade que herdou, mais ten uns gobernantes co sentido arquitectónico preciso como vindicar a Cobreros, Vila e Maquieira. Os tres han figurar no rueiro polo seu intento de que Lugo fose un belo asentamento na beira dun río.
jeudi 21 février 2008
AS CAPAS DE DANIEL GIL
Cando universitario adoitaba quitarme das copas ou do cine para mercar libros de peto de Alianza. Moitas das veces ignoraba quen eran os autores e mesmo excusaba de ler as cuartas de capa, onde figuran as sinopses. Abondaba coas capas de Daniel Gil. Por iso me aledei cumpridamente do de Kalandraka.
mercredi 20 février 2008
GALICIA BI-ACENTO
Véxolles un problema. Hablan un español correctito, con tempos compostos aínda que non sexan acaídos, pero ¡ese acentazo! A Xunta debería financiar cursos de pronuncia para acadar destreza nese vocalizado dialecto vallisotelano que tanto lles presta.
lundi 18 février 2008
ROBBE-GRILLET MARCHOU
Un xenio. Aprendeume a estruturar e a describir. Unha mágoa.
lundi 18 février 2008
BALBINO TERÁ LIBRO, HOMENAXE, ESCULTURA E MESMO POIDA QUE PELÍCULA
Ismael González está promovendo un libro no que medio cento de autores galegos escribimos sobre Balbino. A maiores, habérá este verán unha homenaxe nacional en Compostela ao seu creador; unha escultura do rapaz e máis dos seus pais, que se podería instalar entre Vila de Cruces e A Estrada. Ismael insiste en que rodará o seu guión de Memorias dun neno labrego con axuda de Cultura ou sen ela.
samedi 16 février 2008
A VIDA DAS HORAS SUCIAS
As horas sucias é unha novela miña cunhas vendas razoables e un ecoar mediático asordinado. Apareceu canda un premio, que tivo unhas vendas estupendas e moito ruído nos medios, e ficou tapada. Foi un bucle cruel conseguir o permiso do grandioso Ansel Adams para a foto da capa e que fose descoñecida. Agora vai ter vida propia: tan lonxe, tan perto.