Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 mars 2008

AGRIMENSOR MURADO

Son días murados. Agasállanme cunha reprodución da escultura que Murado fixo para o centenario. O anagrama gústame: é unha árbore vermella (vida pola que flúe o sangue). Cumpre as tres eses: é sinxelo, sintético e simbólico. Máis Murado: Miguel Anxo tira o martes novo libro: Fin de século en Palestina. Galaxia edita as 376 páxinas do volume no que o escritor lugués narra a súa perda de virxinidade orientemediá. É unha novela na que narra a súa chegada ao protectorado israelí para asesorar ao goberno palestino como "un dos maiores expertos do seu país en estatística agraria". Entre as curiosidades, Miguel Anxo conta o xeito no que preparou a visita de dúas estrelas da música lixeira. Seica o texto soborda retranca. Eu, dende logo, nunca lin nada tan divertido e acertado na busca da extravagancia como Caderno de Xapón.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Señor, Ollo, eu sonlle moi muradiano (de MAM e de AM, pero ese Murado do que me fala vostede (AM34x24vol.1º) seméllame o Murado menos meritorio. Fotos pintadas... debe de ser teima personal, pero é que lembra a Ouka Lele e toda esa pailanda da Movida Madrileña, que se senten tan importantes porque saían en La 2, me pon moi enfermo. O mellor Murado, para min, foi o de hai uns anos, cando conxugada planos case que monocromáticos e ceos con nubes, cando pintaba follas, raíces, xunqueiras, etc. Estou cos seus pais de vostede.
Répondre
O
Coincido na súa reflexión sobre "Ruido", de feito teño "O soño da febre" en cola. Eu sonlles moi fan de Murado (M.A.) en todas as súas facetas, mesmo a de agrimensor. Os seus artigos en La Voz son un oasis entre tanta... ¿como dicilo sen ofender?<br /> <br /> A exposición do outro Murado que a Fundación Caixa Galicia leva a distintas cidades de Galicia foi a miña primeira achega á súa obra e debo dicir que dou para un acalorado debate na casa dos meus pais, insubornables críticos de arte. A min gustoume.
Répondre
J
Tris Tram, a maiores de recomendarmos ese libro tan fascinante, eu quixera apuntar o mesmo con 'Ruído'. Agora que me volvín adulto deixei de ler contos e atendo unicamente a novelas de centos de páxinas(farei unha excepción cos 'Tres contos' de Flaubert, quizais), polo que non lin 'O soño da febre', pero 'Ruído' é impactante.
Répondre
T
Caderno de Xapón é divertido, extravagante pero, sobre todo, é lúcido. Fronte o laio polo que debeu de ser e non foi do clásico "eloxio da sombra" (http://www.temakel.com/texoltanizaki.htm), Murado descubre o poder da realidade que transforma os modos occidentais facendoos xaponeses pero, para desgraza dos "auténticos", non segue as milenarias,as sagradas, as dictatoriais tradicións.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité