05 mars 2008
VÁZQUEZ CEREIJO CONVERSADOR
Poida que vostedes (algúns, moitos, non sei) coñezan ao gravador e pintor Vázquez Cereijo, pero de seguro que son pouco os que o coñecen como conversador porque é un galego que residenciou en Madrid. Liga una anécdota tras outra con claridade e amenidade, sempre sen présa. É mágoa interrompelo, pero a vida contínúa aí fóra e hai que facelo. Hoxe lembroume, xa ma contara, como se iniciou na arte. Na súa casa (burguesía pudente no Lugo dos 50) había frescos nas paredes e nos teitos. Eran motivos relixiosos, con virxes e querubíns aboiando no ceo. El entretíase sementando aqueles ceos de azul claro con avións. Daquela o seu pai mandouno a que lle aprendese Angel Joham cando regresou de que lle aprendesen a ser un bo español nas Canarias. A maiores de divertirme coa súa conversa cando vén a Lugo, conservo varios gravados que me deu como galano.