07 mars 2008
O SEÑOR DA MOTO VELLA
Chegamos tarde con Suso Peña. Foi o primeiro debuxante profesional de BD que tivo o país e non acordamos del a tempo. Fausto Isorna fai por lembralo estes días, pero non puido contar cos seus orixinais. Agora, a familia di que non quere que se lle faga de morto o que non se lle fixo de vivo. Eu lembro mirar fascinado os seus debuxos nun bo tramo da miña adolescencia. Cinco colgaban dun altiño do no estanco ribadense de Vivín, no que entraba mercar o xornal ou tabaco para o meu pai. El era tan desprendido que tiraba moitos. Miguelanxo Prado adoita dar fé da xenerosidade do que el define como "o meu mentor". Eu lembro dese señor con bigote que vía pasar nunha moto vella, era o mesmo que ilustraba as páxinas do 1984 ou do Creepy que lía na casa.
Commentaires
Poster un commentaire
Rétroliens
URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=8233536
Liens vers des weblogs qui référencent ce message :