Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 mars 2008

A LARANXA MACHISTA

O Premio Orange promete este ano. Primeiro sae A.S.Byatt con ese argumento tan revenido de que facer un galardón soamente para mulleres é sexista. Estaba eu por propoñer que a Lotería e a Primitiva fosen soamente xogos abertos para os que ingresan menos de 12.000 euros ao ano, pero a ver se me sae unha Byatt e me chamaa clasista. O segundo bonito no Orange é que entre as candidatas figura Elif Shafak, coa novela The bastard of Istanbul. Shafak foi condenada porque hai personaxes desa novela que lembran o xenocidio armenio, algo cometido diante da asepsia vergoñenta de Occidente e que agora, a escala menor, recunca.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité