mercredi 19 mars 2008
VIVIR NA GALIZA, VIVIR NA ÁFRICA
"A narrativa africana inclúe soños, persoas que morreran entran de novo no fío argumental e falan cos vivos", descubre Mankell para explicar por que vive África e para engadir que esa idiosincrasia mudou o seu xeito de escribir. Aos escritores galegos de nada nos serviría vivir en África.
mercredi 19 mars 2008
A CASA DOS LUMIÈRE
O mellor libro de Xabier vai para o cinema. A iniciativa non deixa de ilusionarme diante do salto que representa para o autor e para a nosa literatura, e de meterme medo diante do lameiro que pode representar financiar un proxecto así. A novela abre infindas posibilidades porque equilibra asitadamente os mitos populares e a arte culta.
mercredi 19 mars 2008
A LARANXA MACHISTA
O Premio Orange promete este ano. Primeiro sae A.S.Byatt con ese argumento tan revenido de que facer un galardón soamente para mulleres é sexista. Estaba eu por propoñer que a Lotería e a Primitiva fosen soamente xogos abertos para os que ingresan menos de 12.000 euros ao ano, pero a ver se me sae unha Byatt e me chamaa clasista. O segundo bonito no Orange é que entre as candidatas figura Elif Shafak, coa novela The bastard of Istanbul. Shafak foi condenada porque hai personaxes desa novela que lembran o xenocidio armenio, algo... [Lire la suite]
mercredi 19 mars 2008
AO XEITO DOS FRATELLIS
Murakami asegura que decidiu que podería ser escritor mirando un partido de béisbol, no intre exacto en que un xogador batía nunha pelota. Tamén afirma que Danza, danza, danza veulle dunha canción de The Dells. Eu non acredito nin nunha cousa nin en outra. Non falamos de premer nun interruptor e prender unha bombilla. Quizais se refira a que entramos nunha habitación coa intención de acender a luz e hai un momento concreto no que o facemos. Non sei.
"-Danza -desafiou el-. É o único xeito. Se puidese, explicábacho mellor,... [Lire la suite]