Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 mars 2008

A PENA DE BÉLXICA

O escritor que aseveraba que "os males todos teñen a súa orixe na rélixión" decidiu marchar na semana en que os cristiáns do mundo celebran un peculiar ritual de morte e resurrección. Hugo Claus non vai resucitar, porque o primeiro mandamento para resucitar é crer na posibilidade de resucitar e el era quen de fabular cumpridamente, pero non acadaba o nivel de soñar con que se pode volver á vida tras o pasamento. Das súas fábulas, lin unha hai once anos. Lembro algunhas esceas da vila de Walle que o novelista me fixo imaxinar, a retranca coa que conta deformados os aconteceres que el propio experimentou cando tiña 13 anos e padeceu a invasión nazi, e ironías extraliterarias como que o xornal (prohibido) dos socialistas tiña por nome ABC.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité