Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 mars 2008

PROPOSTAS PARA OS PREMIOS NACIONAIS

Hai moita xente que opina que temos moitos premios. Eu tamén. E máis que precisamos para valorar-nós. Por iso aplaudo coas dúas mans a creación dos Premios Nacionais que promoveu Cultura. Percibo como elevadamente positivo que se fale dos nosos creadores en voz alta e, nomeadamente, que se fale dos nosos creadores científicos (as innovacións, para realizalas; cómpre que soñalas antes). Da presentación, gustoume que se acompañase dun espectáculo de danza (ese tipo de acertos multiplica as posibilidades dos fotógrafos de prensa para faceren un traballo bonito) e que se animase á sociedade a facer propostas. Eu, como son 1/2.700.000 parte da sociedade galega vou formular a miña proposta non sen a improvisación que require un blog.

Premio Nacional de Arquitectura e Espazos Públicos. Gallego Jorreto

Premio Nacional de Artes Visuais. Leopoldo Nóvoa

Premio Nacional de Artes Escénicas. Manuel Lourenzo

Premio Nacional de Literatura. Camilo Gonsar

Premio Nacional de Música. Milladoiro

Premio Nacional de Patrimonio Cultural. Lugo Patrimonio

Premio Nacional de Pensamento e Cultura Científica. Ángel Carracedo

Premio Nacional de Cine e Audiovisual. José María Besteiro

Premio Nacional á Iniciativa Cultural. Culturgal

Premio Nacional de Cultura Tradicional e de Base. Museo do Pobo Galego

Publicité
Publicité
Commentaires
M
crítica constructiva
Répondre
M
Hai que fomentar os premios de creación e non os dos colegas. O de cuba está ben, pero é mellor mercado Brasil (ben agora Cuba poden comprar teléfonos e neveiras jajajajajaja que cinismo), máis habitantes, máis demanda, máis mercado, hai que vender os nosos produtos e non dicirmos ante nós mesmos que somos os mellores e os dos outros mundos, mentres, ríndose de nós...
Répondre
M
15000 euros por cada premio por 10, dan un total de 150.000 euros a gastar. Máis o convite, as fotos, o colegueo, a propaganda, súmalle outros 150.000. Eso sen contar coa cidade da Cultura.<br /> 50 millóns das antigas pesetas. E despois din que non hai cartos para Cultura mi má!!!!!.<br /> Está todo moi bonito e tal, pero así non se fai Impais
Répondre
J
A encarga está anotada, Land. Poreime cando teña vagar.
Répondre
L
A propósito, debería fundamentar a súa proposta, dicindo cales son os méritos concretos de cada nominado. Eu dalgúns deles non sei nada: estarei en babia.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité