CABARET VOLTAIRE

Jaureguizar. Galiza www.seishoras.canalblog.com contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Otero Pedrayo longo, vita brevis

25 mars 2008

PROPOSTAS PARA OS PREMIOS NACIONAIS

Hai moita xente que opina que temos moitos premios. Eu tamén. E máis que precisamos para valorar-nós. Por iso aplaudo coas dúas mans a creación dos Premios Nacionais que promoveu Cultura. Percibo como elevadamente positivo que se fale dos nosos creadores en voz alta e, nomeadamente, que se fale dos nosos creadores científicos (as innovacións, para realizalas; cómpre que soñalas antes). Da presentación, gustoume que se acompañase dun espectáculo de danza (ese tipo de acertos multiplica as posibilidades dos fotógrafos de prensa para faceren un traballo bonito) e que se animase á sociedade a facer propostas. Eu, como son 1/2.700.000 parte da sociedade galega vou formular a miña proposta non sen a improvisación que require un blog.

Premio Nacional de Arquitectura e Espazos Públicos. Gallego Jorreto

Premio Nacional de Artes Visuais. Leopoldo Nóvoa

Premio Nacional de Artes Escénicas. Manuel Lourenzo

Premio Nacional de Literatura. Camilo Gonsar

Premio Nacional de Música. Milladoiro

Premio Nacional de Patrimonio Cultural. Lugo Patrimonio

Premio Nacional de Pensamento e Cultura Científica. Ángel Carracedo

Premio Nacional de Cine e Audiovisual. José María Besteiro

Premio Nacional á Iniciativa Cultural. Culturgal

Premio Nacional de Cultura Tradicional e de Base. Museo do Pobo Galego

Posté par Jaureguizar à 15:29 - Commentaires [9] - Rétroliens [0] - Permalien [#]
« Accueil  1