A recuperación e posta en esplendor das nosas obras de clásica resulta un camiño encoiado e exasperante. A iniciativas son solitarias, beintencionadas e escasas en medios. Salientan estes días as xeiras de Lino Braxe e máis a de Saúl Canosa e Natalia Méndez. Estes segundos fixeron unha curiosa travesía oceánica para que unha peza de Bal y Gay puidese ser gravada cando alá foron sesenta anos dende que a compuxo.