CABARET VOLTAIRE

Jaureguizar. Galiza www.seishoras.canalblog.com contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Otero Pedrayo longo, vita brevis

27 mars 2008

CINCO CASARES PARA QUICO SHAKESPEARE

Neste cabaret sempre lles fomos de Shakespeare e de Quico. Por iso estamos contentos polos cinco María Casares que levou esta noite a montaxe que Quico fixo de 'Noite de Reis', chamada orixinalmente 'A duodécima noite'. Levaron cinco dos nove premios aos que optaba: mellor espectáculo, mellor dirección, mellor actor secundario para Xan Cejudo, mellor escenografía e mellor vestiario, compartido con 'O burgués fidalgo', de Teatro do Morcego. Outra produción do CDG, 'A piragua', dirixida por Cándido Pazó, marchou cos galardóns de iluminación, música orixinal, texto orixinal e actriz protagonista, que recaeu en Susana Dans. 'As últimas lúas' de Lagarta Lagarta, venceu soamente con Ernesto Chao na categoría de actor protagonista malia contar con nove nominacións. Avelino González e Olga Nogueira venceron en adaptación ou tradución por 'A bombilla máxica', de Woody Allen. Mónica Camaño foi recoñecida como mellor actriz secundaria por 'Emigrados' e Bacana logrou a mellor maquillaxe por 'Hendaya mon amour'.

Posté par Jaureguizar à 23:53 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

DOUS CORVOS BRANCOS MÁIS

Ata onde puiden informarme temos dous novos White Ravens. A maiores, OQO recibirá unha mención especial no Bologna Ragazzi Award e Marisa Núñez foi premiada pola fundación suíza Espace Enfants polo seu libro 'Chocolata'.

Posté par Jaureguizar à 17:39 - Commentaires [2] - Rétroliens [0] - Permalien [#]
« Accueil  1