Xabier Docampo anuncia para outubro 'O libro das viaxes imaxinarias' na colección 'Dream Team' de Xerais. Un turista da fantasía percorrera varias cidades levando experiencias, receitas e poemas de cada lugar. Docampo confesa o seu calvinismo na inspiración do libro. A maiores, o mellor escritor de Rábade (e tamén un dos mellores dos restantes concellos do mundo) vén de recibir un convite importante.