Commentaires sur O CURIOSO INCIDENTE DO RINOCERONTE A MEDIANOITE
E será rinoceronte ou rinoceronta?
Ha, ha, ha. Grandioso comentario, señor MatoGrosso.
se Jaureguizar non sabe nin islandés, nin xaponés, nin finés, nin apenas checo,
como está tan certo do rigor das traducións?
Ho, ho,non se lle ve nada o plumeiro a quen fixo o anterior comentario! No blog de Lucía Etxbarría estanlle sacando moita punta ao asunto: http://www.lucia-etxebarria.com/diario/?p=635
Eu estou seguro do rigor das traducións de Rinoceronte precisamente a raíz deste asunto. ¡Cantos goles lle debeu meter a "traditora" esta a Xerais e a quen lle publica as traducións!
realidade
Por que todo o mundo ten unha opinion xa feita do asunto rinoceronte? A todas luces, o da tradutora, non ten razon de ser. Ainda por riba deixa mal parada a Xerais, que manda traducir -ou acepta traducions- sen ter os dereitos de autoria. Raimondez pensa que pode usar a sua ideoloxia dun xeito indiscriminado. Porque que se mude o sexo dun ou dous personaxes, pasa, pero... cando e tan obvio? Ademais, de ser consecuentes, por que non muda toda a obra, e dicir, os homes pasan a ser mulleres e as mulleres a ser homes? Polo menos seria coherente... iso si, como se meta o autor por medio neste conflito, a tradutora / autora (hai canto que non traducia???)vaino pagar moi caro. E feminismo si, pero isto non e feminismo, ainda que se lle bote un verniz feminista por riba...
Anónimo, sei da profesionalidade que pon a maioría das editoriais galegas no coidado dos seus textos. No caso concreto de Rinoceronte, teño falado con Moisés Barcia sobre os controis cos que garanten a calidade das obras. Eu non sei finés, pero nas traducións é básica a lingua de recepción, o galego. Non deixa de ser unha presunción que eu non saiba xaponés. A maiores de kamikaze e karaoke -orquestra baleira-, veño de aprender Yuki (neve) ou Amé (choiva) grazas a 'Dança, dança, dança' de Murakami. ¿E en checo?, estará desafiándome. Pois en checo sei robot e kafka (corvo).
ben, non quería desafialo nin facer ningún chiste: tratábase dunha pregunta a serio, unha dúbida que me asalta ás veces como lector e como lector de crítica sobre tradución. pero, en fin, isto é o que hai, polo que vexo.
Desculpe, Anónimo. Eu si quería quitarlle ferro ao asunto e por iso bromeei co dso idiomas. Un método sinxelo para comprobar a calidade das nosas traducións é comparalas con outras cercanas, coas españolas ou portuguesas. Con todo, a min o que me preocupa máis é como se lea o texto en galego.
anónimo, Jaureguizar dou no asunto clave: o importante é o galego non a lingua de orixe. Un texto xapones debe ter un aquel galego na tradución e o tradutor debe ter presente sempre ás lectoras. E como tradutor asegúrolle que o choio que fai pasar Moisés coas corrección é abraiante.
Por certo, Pedreira, no seu comentario, di -no meu parecer- moitas verdades.
non mudou o sexo de ningún personaxe
anónimo,
the men por xente e a profesora con voz de policeman, así como O liar -cando fala da súa muller- por mintieiro son cambios de sexo. Outra cousa e certos neutros que poidan ser homes ou mulleres... Ademais, o autor -vivo- coido que ten a última palabra...
Para min está moi claro e a verdade e que a actitude da tradutora non me parece nada acertada; podía presentar a denuncia sem publicitala, se é que denuncia por motivos profesionais e non publicitarios da súa ideoloxía - moi defendíbel e en moitos aspectos compartida e militante- e da súa persoa.
Lémbrame ao chusqueiro asunto Yolanda Castaño vs. ASF.

Rigoroso, eu linlle hai unha chea de anos a tradución de 'Ionqui' e non lembro que me chirriase. Claro que daquela non se populizara o uso do arroba ou arrobo.
Grazas pola achega, Flipe, a cousa anda ben quente alá.
Syldavija, eu creo que o mellor tradutor é o que fai que non se note a tradución, agás en determinadas peculiaridades que non se deben mudar polas correspondentes galegas. Non sei que opina vostede, que sabe moito máis do asunto.
Si e non, depende da obra e do editor. Hai editores que queren que unha obra pareza traducida (hai incluso culturas que gostan de que a tradución pareza unha tradución) que é o que se chama exotización. Eu creo que o tradutor galego é diferente ao castelán -en serio o digo- pola lingua á que traduce. Como lector estou dacordo con vostede o 100%. Con respecto ao asunto Raimóndez, coido que o tradutor, de querer introducir certas ideoloxías persoais ou relativas á obra (para dotala dunha polémica que tivo no orixinal, como certa obra que non acaba de sair do prelo...) o mellor que se pode facer é usar elementos non estrictamente literarios... como limiares e epílogos. Coido que é máis efectivo e, sobre todo, máis ético.
Todo semella indicar que a Reimóndez meteu o zoco até o fondo. Pero non quero entrar en máis consideracións.
Disque disque...
E non se ocorreu pensar a ninguén que ó mellor a tradutora estaba sinxelamente acertada... E curioso observar como ser fan observacións do máis pavero sen ter diante o obxecto do que se está a tratar. Que eu saiba Reimondez, como tradutora é, ante todo, profesional. Se alguén quere comprobalo só ten que coller os seus libros traducidos e botarlle un ollo, o demais é especulación, a non ser que os arriba asinantes xa lesen o orixinal en inglés e comparasen coa traducción de María Reimondez que, oh, non está publicada... Así que, sentindoo moito eu eiquí, e comenzando polo autor do blog, non vexo máis que un fato de lerchas.