lundi 31 mars 2008

YBBYZA

Ánxela Bugallo anunciou hoxe que Galiza terá un dos dous centros YBBY que hai no mundo, o que quere dicir que seremos un dos dous centros de LIX do mundo.
Posté par Jaureguizar à 19:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 31 mars 2008

O CURIOSO INCIDENTE DO RINOCERONTE A MEDIANOITE

Atacan ao rinoceronte e el vólvese. *Jaureguizar é subscriptor de Rinoceronte polo rigor nas traducións e polo interese do catálogo.
Posté par Jaureguizar à 18:32 - Commentaires [20] - Permalien [#]
dimanche 30 mars 2008

VIGOPRITZKER

Vigo ten o seu Pritzker. Agora que nos ameazan con arquitectura ecoaburrida, podemos estar contentos de que para nós a festa non rematou.
Posté par Jaureguizar à 23:50 - Commentaires [8] - Permalien [#]
samedi 29 mars 2008

TEATRO PROFESIONAL EN LUGO

Lugo é unha cidade con nutrida e histórica afección dramática, ata o punto de que hai un certame anual de teatro amador feito na cidade. Malia as dificultades, o colectivo 'Palimoco' remudou en profesional con media ducia de actores. A noticia súmase á mostra de teatro galego que permitiu que os grupos do país visiten a praza.
Posté par Jaureguizar à 00:28 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 28 mars 2008

DOCAMPO, O CALVINISTA

Xabier Docampo anuncia para outubro 'O libro das viaxes imaxinarias' na colección 'Dream Team' de Xerais. Un turista da fantasía percorrera varias cidades levando experiencias, receitas e poemas de cada lugar. Docampo confesa o seu calvinismo na inspiración do libro. A maiores, o mellor escritor de Rábade (e tamén un dos mellores dos restantes concellos do mundo) vén de recibir un convite importante.
Posté par Jaureguizar à 15:28 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 27 mars 2008

CINCO CASARES PARA QUICO SHAKESPEARE

Neste cabaret sempre lles fomos de Shakespeare e de Quico. Por iso estamos contentos polos cinco María Casares que levou esta noite a montaxe que Quico fixo de 'Noite de Reis', chamada orixinalmente 'A duodécima noite'. Levaron cinco dos nove premios aos que optaba: mellor espectáculo, mellor dirección, mellor actor secundario para Xan Cejudo, mellor escenografía e mellor vestiario, compartido con 'O burgués fidalgo', de Teatro do Morcego. Outra produción do CDG, 'A piragua', dirixida por Cándido Pazó, marchou cos galardóns de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 27 mars 2008

DOUS CORVOS BRANCOS MÁIS

Ata onde puiden informarme temos dous novos White Ravens. A maiores, OQO recibirá unha mención especial no Bologna Ragazzi Award e Marisa Núñez foi premiada pola fundación suíza Espace Enfants polo seu libro 'Chocolata'.
Posté par Jaureguizar à 17:39 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mercredi 26 mars 2008

BALBOA, MACÍAS, BAL Y GAY

A recuperación e posta en esplendor das nosas obras de clásica resulta un camiño encoiado e exasperante. A iniciativas son solitarias, beintencionadas e escasas en medios. Salientan estes días as xeiras de Lino Braxe e máis a de Saúl Canosa e Natalia Méndez. Estes segundos fixeron unha curiosa travesía oceánica para que unha peza de Bal y Gay puidese ser gravada cando alá foron sesenta anos dende que a compuxo.
Posté par Jaureguizar à 16:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 25 mars 2008

PROPOSTAS PARA OS PREMIOS NACIONAIS

Hai moita xente que opina que temos moitos premios. Eu tamén. E máis que precisamos para valorar-nós. Por iso aplaudo coas dúas mans a creación dos Premios Nacionais que promoveu Cultura. Percibo como elevadamente positivo que se fale dos nosos creadores en voz alta e, nomeadamente, que se fale dos nosos creadores científicos (as innovacións, para realizalas; cómpre que soñalas antes). Da presentación, gustoume que se acompañase dun espectáculo de danza (ese tipo de acertos multiplica as posibilidades dos fotógrafos de prensa para... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:29 - Commentaires [9] - Permalien [#]
dimanche 23 mars 2008

A PENA DE BÉLXICA

O escritor que aseveraba que "os males todos teñen a súa orixe na rélixión" decidiu marchar na semana en que os cristiáns do mundo celebran un peculiar ritual de morte e resurrección. Hugo Claus non vai resucitar, porque o primeiro mandamento para resucitar é crer na posibilidade de resucitar e el era quen de fabular cumpridamente, pero non acadaba o nivel de soñar con que se pode volver á vida tras o pasamento. Das súas fábulas, lin unha hai once anos. Lembro algunhas esceas da vila de Walle que o novelista me fixo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]