mercredi 19 mars 2008
VIVIR NA GALIZA, VIVIR NA ÁFRICA
"A narrativa africana inclúe soños, persoas que morreran entran de novo no fío argumental e falan cos vivos", descubre Mankell para explicar por que vive África e para engadir que esa idiosincrasia mudou o seu xeito de escribir. Aos escritores galegos de nada nos serviría vivir en África.
mercredi 19 mars 2008
A CASA DOS LUMIÈRE
O mellor libro de Xabier vai para o cinema. A iniciativa non deixa de ilusionarme diante do salto que representa para o autor e para a nosa literatura, e de meterme medo diante do lameiro que pode representar financiar un proxecto así. A novela abre infindas posibilidades porque equilibra asitadamente os mitos populares e a arte culta.
mercredi 19 mars 2008
A LARANXA MACHISTA
O Premio Orange promete este ano. Primeiro sae A.S.Byatt con ese argumento tan revenido de que facer un galardón soamente para mulleres é sexista. Estaba eu por propoñer que a Lotería e a Primitiva fosen soamente xogos abertos para os que ingresan menos de 12.000 euros ao ano, pero a ver se me sae unha Byatt e me chamaa clasista. O segundo bonito no Orange é que entre as candidatas figura Elif Shafak, coa novela The bastard of Istanbul. Shafak foi condenada porque hai personaxes desa novela que lembran o xenocidio armenio, algo... [Lire la suite]
mercredi 19 mars 2008
AO XEITO DOS FRATELLIS
Murakami asegura que decidiu que podería ser escritor mirando un partido de béisbol, no intre exacto en que un xogador batía nunha pelota. Tamén afirma que Danza, danza, danza veulle dunha canción de The Dells. Eu non acredito nin nunha cousa nin en outra. Non falamos de premer nun interruptor e prender unha bombilla. Quizais se refira a que entramos nunha habitación coa intención de acender a luz e hai un momento concreto no que o facemos. Non sei.
"-Danza -desafiou el-. É o único xeito. Se puidese, explicábacho mellor,... [Lire la suite]
mardi 11 mars 2008
OS OUTROS FEIRANTES
Non lles vou reiterar o que penso da Feira do Libro da Habana, pero si dicirlles que agora si, que o vieiro é este.
vendredi 7 mars 2008
O SEÑOR DA MOTO VELLA
Chegamos tarde con Suso Peña. Foi o primeiro debuxante profesional de BD que tivo o país e non acordamos del a tempo. Fausto Isorna fai por lembralo estes días, pero non puido contar cos seus orixinais. Agora, a familia di que non quere que se lle faga de morto o que non se lle fixo de vivo. Eu lembro mirar fascinado os seus debuxos nun bo tramo da miña adolescencia. Cinco colgaban dun altiño do no estanco ribadense de Vivín, no que entraba mercar o xornal ou tabaco para o meu pai. El era tan desprendido que tiraba moitos. Miguelanxo... [Lire la suite]
jeudi 6 mars 2008
ROSALÍA, DE 19 A 21
Abe Rábade segue argallando discos ben atractivos. A maiores dos que conteñen estrito jazz, digo. Refírome aos que fai con Guadi. Nordestinas tamén con Ugia Pedreira, foi unha achega fundamental para empatar as músicas populares de dos países tan dispares, xa dende o seu tamaño ou dende a súa cultura, coma Galiza e Estados Unidos. O empaste foi harmonioso de todo nalgunha pezas, noutras quedou a incompleto; mais a proposta é imprescindible. Este segundo intento, actualizando unha poetisa do 19 coma Rosalía, é fabuloso. Ten moito máis... [Lire la suite]
mercredi 5 mars 2008
VÁZQUEZ CEREIJO CONVERSADOR
Poida que vostedes (algúns, moitos, non sei) coñezan ao gravador e pintor Vázquez Cereijo, pero de seguro que son pouco os que o coñecen como conversador porque é un galego que residenciou en Madrid. Liga una anécdota tras outra con claridade e amenidade, sempre sen présa. É mágoa interrompelo, pero a vida contínúa aí fóra e hai que facelo. Hoxe lembroume, xa ma contara, como se iniciou na arte. Na súa casa (burguesía pudente no Lugo dos 50) había frescos nas paredes e nos teitos. Eran motivos relixiosos, con virxes e querubíns... [Lire la suite]
mardi 4 mars 2008
ESCRITOR, ESCRITOR, ESCRITOR E O MUSEO DE LUGO
Hai aínda un par de días que me volveron co ruxerruxe de que un escritor concreto ía ser director do Museo Provincial de Lugo. O escritor, ao que desculpen que non cite porque está farto de ser citado como candidato, rexeita tal candidatura (coma sempre fixo, por outra banda). Agora soa outro escritor como candidato dentro dunha terna da que se desbota a outro candidato que escribe Historia porque está xubilado e eu non vexo claro que o tercerio ternario vaia deixar o seu posto polo de director do MPL. Outro escritor, aí si que lle... [Lire la suite]
mardi 4 mars 2008
AGRIMENSOR MURADO
Son días murados. Agasállanme cunha reprodución da escultura que Murado fixo para o centenario. O anagrama gústame: é unha árbore vermella (vida pola que flúe o sangue). Cumpre as tres eses: é sinxelo, sintético e simbólico. Máis Murado: Miguel Anxo tira o martes novo libro: Fin de século en Palestina. Galaxia edita as 376 páxinas do volume no que o escritor lugués narra a súa perda de virxinidade orientemediá. É unha novela na que narra a súa chegada ao protectorado israelí para asesorar ao goberno palestino como "un dos maiores... [Lire la suite]