Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 avril 2008

O TERCEIRO CORVO BRANCO

Advertíame Martin Pawley de que me faltaba un. Hoxe chamoume para informarme de quen era e estou ben contento por todo o que está logrando Marcos. O rapaz vai coma unha bala.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
O seu purismo élle ben puro, Land, pero o estado das cousas require aproveitar os medios todos.
Répondre
L
Pois a min, que nalgunhas cousas son un purista, paréce paradoxal publicitar letra impresa por medios non impresos. Claro que eu non son autor de "maiorías" (he, he, he).
Répondre
J
Por unha volta vou ser discreto e non dar nomes, pero sei de escritores que se queixaron ao seu editor cando os quixo mandar a unha colección de LIX. Escribo "mandar a" porque para eles era un desprecio. Tamén coñecemos todos o caso de Agustín Fernández Paz, que, con novelas de transición como 'Aire negro', negouse a que o mandasen a unha colección de LPA. Eu non o imaxino a vostede protestando porque o inclúa nunha colección para rapaces.<br /> En canto aos anuncios audiovisuais, conto que a volta de dous ou tres anos as nosas novidades todas anden no teuTubo. Xerais xa empezou con Rivas e De Toro.
Répondre
F
O dos 40 é cousa de seis meses.<br /> Eu sempre dixen que fago literatura sen máis. Son as historias as que me levan e logo o editor decide.<br /> O do anuncio é mérito da xente de Edelvives, pero penso que ese é un camiño a seguir na promoción dos libros. Sería unha marabilla entrar na web dunha editorial e ter a poibilidade de ver un video das súas novidades. É un xeito de chegar a lector máis inmediato e atractivo que ler unha recensión.
Répondre
J
Esquecía: o anuncio do seu libro está magníficamente realizado e recolle moi ben a idea central da novela.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité