mercredi 2 avril 2008

NATALIA COLOMBO, QUEN MELLOR ILUSTRA ÁLBUMS

Natalia Colombo gañou o Premio Compostela de Álbum Ilustrado e fíxoo na edición que máis se agradece, esa na que miras para atrás e non hai ninguén. Colombo gañou o premio coa proposta Cerca, cunha ilustración orixinal e sobria. Segundos foron Javier Sobrino e Rebeca Luciani con A nube de Martín, sendo o debuxo da súa maqueta máis rico, de volumes moi xenerosos e confortables, e máis xeneroso no uso das cores. Gustoume máis este segundo. De Luciani xa coñecía o delicioso O sorriso de Daniela, que foi corvo branco. Kalandraka ha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mercredi 2 avril 2008

PERTO DE SAN CLEMENTE

Así nacen as baleas, Cardume, Mentres a herba medra, son finalistas para ese premio bonito que leva o nome dun arcebispo e no que fun derrotado por un amigo no seu día.
Posté par Jaureguizar à 16:23 - Commentaires [0] - Permalien [#]