jeudi 10 avril 2008
KUBRICK PARA INCOMPRENSORES
Levo moitos anos calando o problema: eu son unha vítima dos debates universitarios sobre cinema. Mirei 2001: unha odisea no espazo no vello auditorio que había no campus de Santiago na compaña de tres compañeiros de hostal, cinéfilos os tres. Era un raparigo de 18 anos. Ao rematar fomos tomar un café irlandés e eles comenzaron a descifrar a película e a xerarme un complexo que arraigou en mín. Non sen tempo, atopei o remedio.
jeudi 10 avril 2008
A COCIÑA ESPECTACULAR
Eu xa intuía que a cociña podía dar boa televisión, pero unha cousa é un humorista que fai monólogos e canta, e ben outra o magnífico show sobordante de espectáculo e intriga que nos ofrece o Canal Cocina de R.