Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
14 avril 2008

AS IRMANDADES DA TRAMA

Un amigo de Madrid leva meses insistindo en que lea un libro que lle gustou. Onte, canso, lembreille que son escritor e que, por mor diso, non leo libros. Ben, vale; estaba hiperbolizando, pero si é certo que lería máis de non escribir. Quizais lería con menos intensidade porque, ao montar mecanismos de novelas, miro as engranaxes que usa cada autor para as súas ficcións. Cando merco libros, un pracer que acontece de cando en vez, vou sempre á mesma libraría. Teñen fondo, un servizo amable e eficaz, organizan actividades decontino,... non me sorprendeu que a miña percepción cadre coa das Irmandades.

Publicité
Publicité
Commentaires
O
Velaquí unha lección de clase: o Sr. Jaure, escritor, novelista, artista, cantante, xornalista, pai, fillo e espírito santo, non só non retira o meu comentario anterior, senón que non o replica.
Son un frustrado... Porfi, señor, moléstese! Síntase ferido pola miña frustración de profesor e/ou opositor con veleidades de literato! Unha elegante réplica, quero!
Répondre
O
Lean este comentario mentres o Sr. Jaure non o chimpe da súa páxina (ten dereito de admisión e pode facelo, obviamente). Postei un comentario no que gababa máis ao Jaureguizar recomendador de libros có escritor, porque viña a dicir que o tal non é escritor senón "compoñedor de novelas". Con seguridade é o peor escritor galego vivo que existiu, existe e existirá xamais. Se o levabamos a escala mundial, o escritor Jaureguizar non é o peor do mundo. É o terceiro peor a moi pouca diferenza de Pepe das Carrachas, un bo home que coñezo e que o pensa que el é o autor de "Adiós ríos, adiós fontes", e mais do Himno galego. O peor escritor do mundo mundial é Don Macmulligan, autor de "Patacas molladas en sangue", que con ese título xa se poden imaxinar. Por riba xusto de Jaureguizar, no meu ranking persoal, está Corín Tellado e Xan das Carrachas, o irmán maior de Pepe.
Jaureguizar é un escritor malo con ganas, que se achegou ao galego no seu día como home bravú para, dende esa posición, lamberlle o cu ben lambido a uns cantos editores/membros de xurado, etc, que se deixaban querer. Mesmo teño a impresión de que o señor non ten nin superado os cursos de iniciación e perfeccionamento ao galego (equiparables ao CELGA 4), visto as couces que mete nos escritos.
Métalle máis tempo á súa labor de cantante, porque o scratch xa lle sae só (ai, son moi malo malote!). A ruína e descrédito do "sistema literario galego" (cousa que non existe) está en esborranchapapeis do seu nivel.
Un saúdo agarimoso de quen non pode ler dúas páxinas de ningún dos seus libros. Noraboa.
Répondre
J
O seu comentario deixoume desconcertado. Para mal e para ben. Asumo que non escribo obras mestras, é obvio; pero non asumo que as miñas novelas caian dun soprido porque coido moito as estruturas. Pero non podo obxectar máis nada a que non lle gusten os meus libros. A sorpresa para ben é que tome en consideración as miñas recomendacións, e escribo isto porque os meus gusto son bastante particulares e cadran pouco neste país tan amante da tradición de seu e dos suramericanos. Eu sonlle máis do norte, de América me refiro
Répondre
O
Quen me dera a min poder dicir tamén "son escritor" pero sen selo! Eh? Acaso non sería bo?
Díxoo vostede, arma mecanismos de novelas, fai mecanos que a pouco dun sopro desármanse. Como lector digo que non me gustan nada as súas novelas, gústanme máis, iso si, as súas recomendación literarias. O cal non é pouco, o de recomendar bos libros.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité