lundi 14 avril 2008

AS IRMANDADES DA TRAMA

Un amigo de Madrid leva meses insistindo en que lea un libro que lle gustou. Onte, canso, lembreille que son escritor e que, por mor diso, non leo libros. Ben, vale; estaba hiperbolizando, pero si é certo que lería máis de non escribir. Quizais lería con menos intensidade porque, ao montar mecanismos de novelas, miro as engranaxes que usa cada autor para as súas ficcións. Cando merco libros, un pracer que acontece de cando en vez, vou sempre á mesma libraría. Teñen fondo, un servizo amable e eficaz, organizan actividades decontino,...... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:22 - Commentaires [4] - Permalien [#]