Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 avril 2008

UNHA LITERATURA ABORRECIDA DE SI PROPIA

A literatura española semella ben aborrecida de si propia porque os seus autores son predecibles. Hai quen teima en buscar novos roteiros, con bastantes acertos e meténdose nalgúns becos. O que si me entusiasma é que non deixa de intentalo a pesar do tempo que leva no negocio. A nova corredoira está xa en camiño. Alporízame que, dos 37 escritores, nin o primeiro é o galego. ¿Non entraban Ameixeiras ou Leo i Arremecaghona? Os dous coordenadores do volume nin deben saber deles. Nacidos en Galicia está soamente o rapaz que dá a prosma coa Nocilla. En Madrid non paran de loubalo. Hai unha frase que sempre nos dicía o meu pai cando nenos: "El Diablo, cuando está aburrido, mata moscas con el rabo". Agora empezo a comprender a qué se refería. O que fai este rapaz é leite, cacao, avelás e azucre. Un xenio, seica.

Publicité
Publicité
Commentaires
O
Por unha banda, eu penso que a posición de Fernández Mallo é honesta, no sentido de que el ten o seu rollo, o que lle vai e o que quere escribir. Supoño que cando comezou co asunto da Nocilla non o fixo pensando que ía ser o último hype da lite hispana. E se cre que está a descubir o Mediterráneo pois está trabucado e punto.

(Pregunta á marxe: ¿convertir ó líder dun conxunto musical "indie" en personaxe literario pode ser algo distinto a unha fantasía adolescente?)

Despois están os demáis, a revista Quimera, Vicente Luis Mora, El Cultural de El Mundo cuxos propósitos tamén descoñezo. Non sei se realmente pensan que o de Mallo é algo fóra de serie e auténticamente novidoso ou se simplemente queren promocionalo por unha cuestión de gusto, aprecio persoal ou lucro comercial. Non sei se se trata tan só de que hai unha xeración de críticos/autores que alcanzaron os altofalantes e se propoñen difundir o seu proxecto.

Pero dende logo, non é ó meu entender un bó síntoma para a literatura española que unha obra e un autor cun discurso tan limitado e, insisto, coñecido sexa a pedra de toque para a "nova xeración".
Répondre
J
Si, Ollo, todos os comentarios que leo de xente que sabe de literatura van nese sentido que vostede di. Pero, ¿cal é logo a explicación para tanto bombo? ¿Tal é a sequía española?
Répondre
O
O que máis me abraia do fenómeno nocilleiro é que pretende pasar por novidosas e trasgresoras posicións que xa son vellas. Falar hoxe de mesturar alta cultura e cultura pop, de fragmentarismo, dicir en plan punk que a madalena de Proust véndese hoxe envasada ó vacío e que os blogues son máis complexos que Ulises de Joyce... ¿que ten iso de novo?

¿Non fixo algo semellante xa hai unha chea de anos Suso de Toro? ¿Lería este home Tic-tac? ¿Oiría algunha vez o das croquetas coa momia de Castelao?

Eu si lin a primeira Nocilla e sen entrar en máis valoracións, simplemente non é o que me gusta ler.
Répondre
J
Boas, Oulego, eu cando falo de literatura española, falo de literatura en español onde queira que se faga. A crise, como ben di vostede, semella afectar especialmente á literatura feita no Estado. Eu, polo que lin do da Nocilla, mercou un libro sobre técnicas literarias e puxo en práctica todas. Canto ao que di o seu compañeiro de traballo, eu non me remontaría tan atrás e ficaría nos 50 como o derradeiro esplendor. Sería inxusto esquecer a Cela, Torrente, Umbral, os Goitysolo, Benet,... Pero, si, de eles para acá disque non hai deslumbramentos; aínda que pouco podo opinar porque non sigo a literatura española de ningunha das bandas do océano.
Répondre
O
Un inciso: cando digo literatura en castelán en crise refírome á feita na península. A feita nas américas é outra cousa.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité