samedi 19 avril 2008
DECEPCIÓ NO SALÓ
As previsións eran moitas; o resultado, pobre. ¿Alguén pode ofrecernos unha explicación?
samedi 19 avril 2008
UNHA LITERATURA ABORRECIDA DE SI PROPIA
A literatura española semella ben aborrecida de si propia porque os seus autores son predecibles. Hai quen teima en buscar novos roteiros, con bastantes acertos e meténdose nalgúns becos. O que si me entusiasma é que non deixa de intentalo a pesar do tempo que leva no negocio. A nova corredoira está xa en camiño. Alporízame que, dos 37 escritores, nin o primeiro é o galego. ¿Non entraban Ameixeiras ou Leo i Arremecaghona? Os dous coordenadores do volume nin deben saber deles. Nacidos en Galicia está soamente o rapaz que dá a prosma... [Lire la suite]
samedi 19 avril 2008
A HERBA MOURA MEDRA
O fenónemo continúa fornecéndonos de emocións. ¡14.000 exemplares dun orixinal en galego!
samedi 19 avril 2008
TINTIMÁN XA É UN NASCITURUS
Óscar Iglesias descubriu o segredo mellor gardado pola comunidade científica internacional. No conxunto dunha reportaxe moi atentamente traballada, anunciou que estou preparando unha serie de aventuras e amoríos protagonizada por Tintimán (o nome é unha homenaxe). O primeiro libro da serie está escrito e ando pechando o primeiro borrador do segundo.