jeudi 24 avril 2008
O HOTEL DOS AMADORES
Lugo ten un hotel novo dende hai uns meses promovido por El Quinto Piso. Eu gusto nomeadamente da habitación de Yellow.
jeudi 24 avril 2008
A SHARIF NUN YE PRESTA
pero a min si. Versionísima. Sen que deixe de ser máis auténtica a de Rachid Taha, eu fico cos poderosos Soncai Sound System.
jeudi 24 avril 2008
BERLINER UNTERWELTEN
Berlin ándame roldando. Hai uns días espetáronme, con moita carraxe, que tiña "cara de nazi"; a seguir, o ofensor desculpose con ánimo de subordinación. Lembrei daquela que no equipo de baloncesto no que xogaba de base cando raparigo chamábanme O Alemán; si, así me alcumou o mesmo entrenador que me preguntaba nos entrenamentos se tragara un garfo sendo pícaro pola rixidez das miñas cadeixas. Onte, na noite, descubrín o Berlin baixo o Berlin que programou Hitler, mesmo cunha autovía que ficou sen rematar. Unhas horas antes... [Lire la suite]