lundi 21 avril 2008

CONVIDADOS 2009 NO SALÓ

A pesar da metedura de zoca, a aposta pola promoción exterior empeza a funcionar. É importante o de Bos Aires e cando máis o de BCN.
Posté par Jaureguizar à 16:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 19 avril 2008

DECEPCIÓ NO SALÓ

As previsións eran moitas; o resultado, pobre. ¿Alguén pode ofrecernos unha explicación?
Posté par Jaureguizar à 23:12 - Commentaires [4] - Permalien [#]
samedi 19 avril 2008

UNHA LITERATURA ABORRECIDA DE SI PROPIA

A literatura española semella ben aborrecida de si propia porque os seus autores son predecibles. Hai quen teima en buscar novos roteiros, con bastantes acertos e meténdose nalgúns becos. O que si me entusiasma é que non deixa de intentalo a pesar do tempo que leva no negocio. A nova corredoira está xa en camiño. Alporízame que, dos 37 escritores, nin o primeiro é o galego. ¿Non entraban Ameixeiras ou Leo i Arremecaghona? Os dous coordenadores do volume nin deben saber deles. Nacidos en Galicia está soamente o rapaz que dá a prosma... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:06 - Commentaires [6] - Permalien [#]
samedi 19 avril 2008

A HERBA MOURA MEDRA

O fenónemo continúa fornecéndonos de emocións. ¡14.000 exemplares dun orixinal en galego!
Posté par Jaureguizar à 07:58 - Commentaires [2] - Permalien [#]
samedi 19 avril 2008

TINTIMÁN XA É UN NASCITURUS

Óscar Iglesias descubriu o segredo mellor gardado pola comunidade científica internacional. No conxunto dunha reportaxe moi atentamente traballada, anunciou que estou preparando unha serie de aventuras e amoríos protagonizada por Tintimán (o nome é unha homenaxe). O primeiro libro da serie está escrito e ando pechando o primeiro borrador do segundo.
Posté par Jaureguizar à 07:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 18 avril 2008

ALLOS E BUGALLOS

Os allos andaban bisbando, pero xa empezan a berrar que "os bugallos teñen os días contados". ¿A un ano das eleccións? Raro, ¿ou?
Posté par Jaureguizar à 01:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 18 avril 2008

MÁIS CANDIDATOS

Novos nomes para ser director, novos desmentidos. Disque teremos que agardar ata xuño.
Posté par Jaureguizar à 01:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 18 avril 2008

OUTRO PLANETA

A malleira de ir e volver en 18 horas foi considerable. O protagonista resúltame indiferente. Fun polo espectáculo. Durou media hora pero pagou a viaxe. Son outro planeta.
Posté par Jaureguizar à 01:22 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mardi 15 avril 2008

O HORROR DE MURAKAMI

O pasado outono, Murakami quitou unha reflexión sobre a relación entre correr e escribir nunha versión do seu habitual Philip Gabriel. Con 32 anos pasou de ser un fumador devoto a ser un corredor convencido dos de dez quilómetros diarios, disque foi ao rematar o carneiro selvaxe. Os mercados inglés e xaponés non tardarán en quitar un novo libro, un texto sobre o que Murakami di ter o presentemento de que vai ser unha boa novela e que ten como sentimento central o horror.No noso país está a caer o After dark en Galaxia e en español... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:25 - Commentaires [4] - Permalien [#]
lundi 14 avril 2008

AS IRMANDADES DA TRAMA

Un amigo de Madrid leva meses insistindo en que lea un libro que lle gustou. Onte, canso, lembreille que son escritor e que, por mor diso, non leo libros. Ben, vale; estaba hiperbolizando, pero si é certo que lería máis de non escribir. Quizais lería con menos intensidade porque, ao montar mecanismos de novelas, miro as engranaxes que usa cada autor para as súas ficcións. Cando merco libros, un pracer que acontece de cando en vez, vou sempre á mesma libraría. Teñen fondo, un servizo amable e eficaz, organizan actividades decontino,...... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:22 - Commentaires [4] - Permalien [#]