22 mai 2008
PAQUETES DE ENSOÑACIÓNS
Unha mañá na que o sol lle enchía o xardín e a luz puxo a bailar un vals de apertas e bicos os paxaros da súa cabeza decidiu que ía mudar nun escritor novo. Tanta era a novidade que mesmo cambiou de sistema literario. Foi facendo paquetes de ensoñacións co librote e remitíndoo ás editoriais nas que lle traduciran algúns libros. Unha tras outra, nunha cadea de incomprensión e crueldade, indicáronlle que non entraba no seu proxecto editorial ou advertíronlle de que non achaban unha colección axeitada para o seu textazo. Reanimouse e enviou a outras editoras. A resposta semellaba de plantilla fixa. Derrotado, perplexo, regresou onda sempre. Agora, claro, reivindica o seu sistema.
Publicité
Publicité
Commentaires
L
J
J
F
R