OS CABALOS SELVAXES DE TUVA
A primeira noticia que tiven sobre Tuva foi pola mensaxe dun amigo. Era breve, apresada: "Marcho para Tuva, mirar cans e cabalos". Gonzalo sempre lles foi moi de Corman McCarthy. No seguinte mes non souben del. Ao cabo dese tempo informeime do que era Tuva, con v. Gonzalo sentira que nesa república domaban os cabalos selvaxes a base de cantarlles e cantarlles e alá marchou. Conta que deu cun vello que lle confirmou ese antigo costume. Logo escoitei a voz de Tuva e fiquei impactado. Semellan espectros que viven nunha caverna dunha película baseada nun videoxogo. No o escribo pola violencia, senón pola profundidade humana e primitiva. O outro día un grupo de tuvenses cantou en Lugo. "Pode ser que os cabalos se domasen así antes. Pode ser. Nós somos un pobo nómade e sempre bicamos e apertamos os cabalos, facémoslles poesías e lles cantamos cancións; de feito moitas das nosas pezas falan de cabalos. Podería ser", comentoume un dos músicos.