31 mai 2008
POLO CAMIÑO DE SWAN
Regreso ao local tras uns días atarefado noutras xeiras e folleo os xornais que o carteiro foi metendo pola fenda baixo da porta. Atopa unha ben guiada entrevista de Óscar Iglesias e me indigno coa declaración que figura no titular. Alguén que ten unha columna no diario máis lido do país, que opina no programa cultural máis seguido e que dispón dunha editorial que inviste en publicarlle obras de setecentas páxinas non pode perpretar esa frase. Hai unha chea de rapaces devecendo por poder sequera mirar os seus contos editados. Será cousa de agardar a que ao propietario do Club Dandi se lle desprendan as plumas escuras que o cubren e mude no cisne branco que é.
Publicité
Publicité
Commentaires
J
P
J
J
U