samedi 31 mai 2008

POLO CAMIÑO DE SWAN

Regreso ao local tras uns días atarefado noutras xeiras e folleo os xornais que o carteiro foi metendo pola fenda baixo da porta. Atopa unha ben guiada entrevista de Óscar Iglesias e me indigno coa declaración que figura no titular. Alguén que ten unha columna no diario máis lido do país, que opina no programa cultural máis seguido e que dispón dunha editorial que inviste en publicarlle obras de setecentas páxinas non pode perpretar esa frase. Hai unha chea de rapaces devecendo por poder sequera mirar os seus contos editados. Será... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:05 - Commentaires [12] - Permalien [#]

jeudi 29 mai 2008

ERA POR MALLO

Moi mal debe de andar a literatura española para vibrar con sensacións coma esta. Escribe o que se chama novela fragmentaria, e que debería chamarse revoltallo de contos. Escribe o que se chama novela polifónica, e que debería chamar novela de xuntanza de personaxes planos. A elaboración de textos longos a base de entrefebrar numerosos relatos con ambientación común e con protagonista colectivo (elaborada a base de figuras trazadas con dous riscos físicos e tres anécdotas) debería penada coa guillotina para a reciclaxe de papel, pero... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:10 - Commentaires [12] - Permalien [#]
mercredi 28 mai 2008

NOVOS PREMIOS NACIONAIS ¿PREVISIBLES?

Xa temos tres máis. Previsibles, dirá Land.
Posté par Jaureguizar à 11:18 - Commentaires [4] - Permalien [#]
mardi 27 mai 2008

FAULK, NA DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO

"Precísase rapidez. Hai que fixarse un prazo de seis semanas. A dúas mil palabras diarias consíguese a extensión de novela axeitada. Non hai que parar, nin deseserar. Non hai que corrixir a propia prosa no tempo de escribir. Non hai que preocuparse demasiado polos detalles. Sempre poden revisarse despois e, ademáis, están os expertos para controlalos".
Posté par Jaureguizar à 22:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 26 mai 2008

IMOS COS DA FEIRA E VOLVEMOS CON MERCADO

A Feira do Libro de Lugo trouxo canda ela moitas sorpresas bonitas. O modelo de certame traía canda el moitas críticas á súa decadencia, pero Lugo sempre foi unha cidade particular e as cifras oficiais falan dun vinte por cento máis de vende. Unha segunda alegría foi que o galego vendeu moi amplamente; de quitados os beselers, superouno cumpridamente. A ver se imos ser un país normal e el o ten moi calado. Entre as vendas destacáronme os libros de Rinoceronte en conxunto e O bosque dos raposos aforcados en particular; O neno do pixama... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 24 mai 2008

OS CABALOS SELVAXES DE TUVA

A primeira noticia que tiven sobre Tuva foi pola mensaxe dun amigo. Era breve, apresada: "Marcho para Tuva, mirar cans e cabalos". Gonzalo sempre lles foi moi de Corman McCarthy. No seguinte mes non souben del. Ao cabo dese tempo informeime do que era Tuva, con v. Gonzalo sentira que nesa república domaban os cabalos selvaxes a base de cantarlles e cantarlles e alá marchou. Conta que deu cun vello que lle confirmou ese antigo costume. Logo escoitei a voz de Tuva e fiquei impactado. Semellan espectros que viven nunha caverna... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:59 - Commentaires [2] - Permalien [#]

samedi 24 mai 2008

DOUS DE CATRO

Fallaron os primeiros Nacionais. Non me foi mal a aposta.
Posté par Jaureguizar à 21:50 - Commentaires [7] - Permalien [#]
jeudi 22 mai 2008

RINOCERONTES BEBIBLES

Os rinocerontes tamén se beben. O Cabaret Voltaire xa as usa no seu servizo de cafés, cacaos, infusións e outras bebidas insás. Prost!
Posté par Jaureguizar à 11:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 22 mai 2008

PAQUETES DE ENSOÑACIÓNS

Unha mañá na que o sol lle enchía o xardín e a luz puxo a bailar un vals de apertas e bicos os paxaros da súa cabeza decidiu que ía mudar nun escritor novo. Tanta era a novidade que mesmo cambiou de sistema literario. Foi facendo paquetes de ensoñacións co librote e remitíndoo ás editoriais nas que lle traduciran algúns libros. Unha tras outra, nunha cadea de incomprensión e crueldade, indicáronlle que non entraba no seu proxecto editorial ou advertíronlle de que non achaban unha colección axeitada para o seu textazo. Reanimouse e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:11 - Commentaires [5] - Permalien [#]
samedi 17 mai 2008

CULTURA EXTRAXUDICIAL

Malia os avisos e as advertencias, nin unha nin outro pasaron (polo de agora) polo xuzgado de garda.
Posté par Jaureguizar à 07:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]