Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 juin 2008

'O GLOBO DE SHAKESPEARE' VOA DE MELIDE A EURODINEY

A miña filla, Sara,  lembroume a promesa: "Dixeches que se gañabas algún premio nos levabas a Eurodisney". Agora vou ter que cumprir. O libro que galardoou o xurado foi 'O Globo de Shakespeare', na que o descubrimento do manuscrito do primeiro 'Hamlet', que levaba perdido dende finais do século XVI nun pazo do  Ribadeo do século XXI altera a vida dos seus tres habitantes: o titiriteiro Ricardo, o pintor Leandro e a ama de chaves Celia. Paralelamente, asistimos á rutura do matrimonio dun escritor de éxito, afectado tamén pola mudanza nas relacións de poder entre os personaxes do pazo. Na farsa concorren asemade unha prostituta que continúa exercendo porque se sente soa e un actor secundario de wenstern obsesionado con matar a un ex presidente español porque o goberno que presidía promulgou unha lei do cinema que, na súa percepción, deixouno sen traballo.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Si, Oulego, o escritor ten dereito a facer coa súa obra un pandeiro; mesmo ten dereito a opinar sobre a súa obra ou deixala nas mans dos demáis. Soamente contestaba a un comentario de Abraiado. Nas influencias de Auster esqueceu a Kafka, pero eu creo que vai alén Borges e Beckett e ten unha obra que ben paga a pena. ¿Ultimamente está perdendo o norte? Eu non o negaría.
Grazas por alegrarse por min e polo premio.
Répondre
O
Vexo, señor Jaureguizar, que o Globo está a recibir tanta atención coma unha comedia de Shakespeare. Alégrome por vostede e polo premio.

Non comparto a súa preferencia. Eu prefiro a Rulfo, desde logo, e coincido con Abraiado nisto, por moi nugallán que fose o suramericano. Pedro Páramo non necesita de Balcells para defenderse nin a quen o sobrevalore. O seu recoñecemento, na miña opinión, está máis que merecido. Por outra banda, o mesmo dereito ten un escritor a escribir que a calar. E se quere escribir unha soa obra, pois alá el. Sobran exemplos de autores dunha obra soa que están na historia da literatura e outros cunha morea de obras dos que ninguén se lembra.
Mesture vostede medio de Borges e medio de Beckett e terá un enteiro de Auster, só que máis entretenidiño, por aquelo do toque cinematográfico. E conste que non me desgusta algunha das súas obras, sobre todo onde arrisca máis, como a Triloxía. Pero desde hai tempo, xa se repite e o que publica non ten, para min, interese. E paréceme que, se poñemos en fila ós escritores norteamericanos candidatos ó nobel, hainos con máis mérito ca el para que llo den.
Répondre
J
Tamén discrepo de vostede en que o menos indicado para falar dunha obra sexa o seu autor, Abraiado. É moi positivo que nos deixen explicarnos e eu, como observará se visita de cando en vez o Cabaret, non teño problema en facelo. Outra cousa é que eu dixese que as miñas novelas son excelsas; a maiores de ser pretencioso, estaría mentindo.
Répondre
A
Eu quedaríame co Pazo da Lúa e co The Brooklyn Follies, para pasar o rato, xa digo, igual que se vai ó cine a ver unha do Spielberg.

Se o Leviatán, que semella unha peli mala do tipiño do Sexto Sentido, non está sobrevalorado, en fin...

De calquera xeito o dialogo segue (espero -polo da pregunta-) aberto. Por certo, non pensa vostede que o menos indicado para falar dunha obra creativa é o mesmo creador? A pesares de non telo en conta como escritor (como bo, nin como regular, aínda que sen dúbida profesional), teñoo en conta como tertuliano, mais non neste caso...

Graciñas pola atención, de calquera xeito.

Bicos!
Répondre
J
Eu, dende logo, non teño dúbida de que prefiro Auster (A música do azar, Leviatán, Brooklyn follies) antes que Rulfo, un beneficiario do sobrevaloramento que Carmen Balcells nos vendeu como a moto da marca Realismo Mágico. Sobre Saramago, estamos de acordo, a min tampouco me interesa un can.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité