vendredi 6 juin 2008

'O GLOBO DE SHAKESPEARE' VOA DE MELIDE A EURODINEY

A miña filla, Sara,  lembroume a promesa: "Dixeches que se gañabas algún premio nos levabas a Eurodisney". Agora vou ter que cumprir. O libro que galardoou o xurado foi 'O Globo de Shakespeare', na que o descubrimento do manuscrito do primeiro 'Hamlet', que levaba perdido dende finais do século XVI nun pazo do  Ribadeo do século XXI altera a vida dos seus tres habitantes: o titiriteiro Ricardo, o pintor Leandro e a ama de chaves Celia. Paralelamente, asistimos á rutura do matrimonio dun escritor de éxito, afectado... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:45 - Commentaires [33] - Permalien [#]