Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 juin 2008

BLANCO BERLIN

Vicente Blanco, o único lucense e un dos poucos galegos que expuso no Raíña Sofía, marcha dous meses traballar ao Kreuzberg. Asegura que lle sae máis barato (170 euros) pagarse un estudo de 75 metros cadrados en Berlin ca un da metade de superficie en Lugo. As diferentes Culturas (consellería, deputación, concellería) deberían habilitar espazos baratos para que os artistas mellorasen as súas condicións de traballo, aínda sendo moi poisitivo que poidan pasar tempadas no centro europeo da arte como é agora a capital alemá. Non estaría de máis empezar a aproveitar canto antes algúns espazos.

Blanco vai traballar nunha animación con cartolina con base referencial nos anos sesenta para criticar os xeitos rixidos de mirar o mundo. O tema será o labor propagandístico na Guerra Fría e a estética unha mestura de collage ruso e personaxes americanos cun ton naïf.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité