lundi 16 juin 2008

BURELA, AMOR BLANCO

O sorteo de hoxe decidiu que Burela organice o Premio Blanco Amor 2009. Hoxe, Inma recolleu o seu, que ten unha pinta moi boa e ela aseverou que "non vai da Guerra Civil", o que non deixa de aledarme despois de asistir ao voo de tanto pasquín con bos e malos.
Posté par Jaureguizar à 22:20 - Commentaires [20] - Permalien [#]

lundi 16 juin 2008

OUVIREMOS A CUNQUEIRO

Tras o coidado traballo con Manuel María e Celso Emilio, Ouvirmos prepara agora o terceiro volume, con letra de Rexina Vega e música de César Morán. A escolla non pode ser mellor. A previsión é publicar contra fin de ano.
Posté par Jaureguizar à 22:14 - Commentaires [0] - Permalien [#]