Cando compro libros que me gustan, durmo con eles. Arrópoos na cama onda min e miro a súa capa ata que se me pechan as persianas das pálpebras. Teño a sensación de que os seus contidos van irme chegando en soños, como aqueles cursos de audio que aseguraban que se podían aprender ruso durmindo cuns cascos postos. Espazo Lectura tivo unha iniciativa que me fixo desexar ter entre seis e once anos.