vendredi 20 juin 2008

PENSADOR ANALÍTICO

Descubrín este test grazas aos chuzas, contesteino e fiquei impresionado: son un pensador analítico, e eu nunca sospeitara tal.
Posté par Jaureguizar à 16:37 - Commentaires [23] - Permalien [#]

vendredi 20 juin 2008

SOÑOS LEXIBLES

Cando compro libros que me gustan, durmo con eles. Arrópoos na cama onda min e miro a súa capa ata que se me pechan as persianas das pálpebras. Teño a sensación de que os seus contidos van irme chegando en soños, como aqueles cursos de audio que aseguraban que se podían aprender ruso durmindo cuns cascos postos. Espazo Lectura tivo unha iniciativa que me fixo desexar ter entre seis e once anos.
Posté par Jaureguizar à 16:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]