Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 juin 2008

A METADE DA VIDA

Cando tiña 18 anos confesei a Ramón, que vivira a metade da súa vida, que quería ser novelista. Aconselleume seguir sendo contista ata os 40, "porque o daquela non terás vivencias abondas como para escribir unha novela". Leo, non sen sorpresa, a Blanca Riestra afirmando que unha novela coral require madureza. Eu tendo a utilizar cada vez menos personaxes nas novelas e atopo máis dificil termar dun texto desenvolvendo unha presada de personaxes ca bosquexar un monte deles. De todos os xeitos, cando se fala de personaxes, sempre miro para a mesma banda.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Esquecera de Carver, de que son devoto. Canto o da consideración do conto como irmán menor, eu un dos que acreditan niso. Leva razón no de que hai contistas recoñecidos soamente por esa faciana, mesmo hai contistas prudentes e talentosos, como Borges ou Monterroso que se abstiveron de cagala cunha novela.
Répondre
O
Veña, en plan 1,2,3 responda otra vez: Borges, Fole, Chejov, Maupassant, Bioy, Rivas, Carver, Poe, Kipling, Torga, Buzzati, Kafka...

Se cadra si é certo que existe unha certa consideración da narrativa breve coma irmán pequeno da "grande narrativa" (=narrativa longa). Pero tamén penso que hai certo número de autores que gozan da maior das consideracións literarias debido exclusiva ou principalmente ó seu labor como contistas.
Répondre
J
Eu, Ollo, non son quen de citar dez grandes contistas de corrido. A ver: Kafka, Cunqueiro, Borges, Rivas, Murakami,... Será que leo pouco conto.
Répondre
O
"calquera lembra o nome de dez grandísimos novelistas, acontece igual cos contistas?"

Pois eu diría que si.
Répondre
X
De primeiras alguén podería pensar que o consello de Ramón é sabio, e digo eu, e logo non agacha unha minusvaloración polo xénero curto?
Exemplo facilón, calquera lembra o nome de dez grandísimos novelistas, acontece igual cos contistas?
En canto ao número de personaxes eu tamén creo que require moita máis pericia o tratamento de poucas.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité