dimanche 22 juin 2008

A METADE DA VIDA

Cando tiña 18 anos confesei a Ramón, que vivira a metade da súa vida, que quería ser novelista. Aconselleume seguir sendo contista ata os 40, "porque o daquela non terás vivencias abondas como para escribir unha novela". Leo, non sen sorpresa, a Blanca Riestra afirmando que unha novela coral require madureza. Eu tendo a utilizar cada vez menos personaxes nas novelas e atopo máis dificil termar dun texto desenvolvendo unha presada de personaxes ca bosquexar un monte deles. De todos os xeitos, cando se fala de personaxes,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:03 - Commentaires [5] - Permalien [#]