23 juin 2008
274 QUILÓMETROS POR UNHA DÉBEDA CON MANUEL RIVAS
Percorrín 274 quilómetros por unha débeda. Houbo quen me preguntou polo motivo de facer esa viaxe para estar unha hora e media nun restaurante. Había motivos profesionais de interese, pero tamén motivos personais. No xantar, xa ao primeiro, xurdiu o asunto das discrepancias: "Este país non está preparado para as polémicas, a xente confunde o que ti opines sobre a súa obra ou sobre as súas afirmacións coma un ataque persoal", escoiteille ao protagonista do acto. Manuel Rivas demostroume nestes cinco anos nos que teño abertas ao público covas célticas que el acredita nesa afirmación. Teño sido implacable con novelas e afirmacións súas, certo que tamén teño loubado libros que son un referente insustituíble para min e que teño pedido a Lúa para el (porque creo que a merece), pero en todos os casos demostroume a súa elegancia.
Commentaires
Non hai dúbida de que O´Rivas ten un corazón d´ouro:
http://www.youtube.com/watch?v=c7M1Se-p7uk&feature=related
A min non cabe dúbida de que é unha das mellores persoas que coñezo, polo que seguirei pedindo a Lúa para el.
http://www.youtube.com/watch?v=XQXnvNwGTAY
Supoño que o Nóbel, igual que se concede por méritos políticos podería concederse por méritos sentimentais, pero eu de pedilo para Rivas faríao polos seus méritos literarios.
Tocante o das polémicas, tamén é bo saber que hai quen realiza ataques persoais sen coñecer a obra do atacado. De todo hai, ¿non?
Kino, o Nobel concédese por motivos moi diversos; ás veces, mesmo a literatura inflúe na decisión. Hai xente que critica a escritores sen coñecer de todo a súa obra: eu adoito meterme con prosapoéticos de suspiro longo, pero penso que abonda con ler as 10 ou 20 páxinas primeiras e saltar 535 follas para facer unha nova lectura de 10 ou 20 páxinas: a novela segue no mesmo rego.
Ai, ese sistema tamén o sigo eu...
Hai que ter en conta que moito do que os prosapoéticos de suspiro longo denominan "novelas" non pasan de seren recompilatorios de frases rimbombantes nas que hai tramas que avancen nin personaxes que se vexan afectados polos aconteceres.
Poster un commentaire
Rétroliens
URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=9685034
Liens vers des weblogs qui référencent ce message :