Margaret Atwood, Juan Goytisolo, Ian McEwan e Ismail Kadaré son os catro candidatos finalistas ao Premio Príncipe de Asturias das Letras. O fallo darase a conocer hoxe en Oviedo. Gaña afianzamento entre o xurado a teoría (pailana) de que se debe premiar a un escritor español porque non gaña un dende Augusto Monterroso no 2000, así que xa poden ir buscando unha casa de apostas e xogar os aforros por Goytisolo. A proposta de McEwan vén, inagardadamente, do meu mito Sánchez Dragó.