Agustín Fernández Paz, o merecente do Nacional de Literatura 2009, empezará estes días a redactar dous proxectos. 'A Lúa do Senegal' estará protagonizado por unha inmigrante senegalesa nunha grande cidade. Escribe cartas á Lúa porque é o único que a urbe na que vive ten en común co seu país. Será unha novela para mozos, mentres que o segundo proxecto, aínda por nomear, se dirixirá a rapazadultos. A trama estará organizada sobre un misterio e ambientada na actualidade, con voltas aos anos 60 e 70. Entre mentres el escribe, eu seguirei preguntándome por que un dos nosos grandes escritores non pode gozar dos recoñecementos e homenaxes que merece.