vendredi 27 juin 2008
LEMBRADO DENTRO DE CINCUENTA ANOS
"Podo asegurarlle que non me tomo con seriedade suficiente como para pensar que estou escribindo fición literaria nin nada que vaia ser lembrado dentro de cincuenta anos. Non vou estar aquí dentro de cincuenta anos; tanto me ten se me lembran ou non. É puro entretemento". ¡Hondiá! Nunca pensei que este señor e máis eu fosemos cadrar na ollada sobre o oficio.
vendredi 27 juin 2008
LOLITA EN OBABA
Faktoría K incorporou dous novos títulos, Lolita, traducido por Xesús Fraga e Obabakoak, en versión de Ramón Nicolás. O neno do pixama a raias anda xa en cuarta edición.
vendredi 27 juin 2008
A LÚA DE SENEGALICIA
Agustín Fernández Paz, o merecente do Nacional de Literatura 2009, empezará estes días a redactar dous proxectos. 'A Lúa do Senegal' estará protagonizado por unha inmigrante senegalesa nunha grande cidade. Escribe cartas á Lúa porque é o único que a urbe na que vive ten en común co seu país. Será unha novela para mozos, mentres que o segundo proxecto, aínda por nomear, se dirixirá a rapazadultos. A trama estará organizada sobre un misterio e ambientada na actualidade, con voltas aos anos 60 e 70. Entre mentres el escribe, eu seguirei... [Lire la suite]
vendredi 27 juin 2008
CANDO FOMOS NEGROS
e as horas eran sucias. A olladela atrás de Daniel Salgado é ben completa para falar dun xénero que sempre se mantivo vivo nos lindeiros dunha literatura que, soberbiamente, desprezaba a literatura de xénero.