02 juillet 2008
MASTERS DO UNIVERSO
O Universo Caneiro ten unha grande forza centrípeta. Fálese do que se fale, sempre hai referencias a el. Mesmo el se refire a si propio en terceira persoa. Teño que recoñecer que me está dando mañás de gloria.
Commentaires
3 ases!!
Penso (nunca se cumplirá, supoño) que un día invitarei a Rivas, a caneiro e a jaureguizar para tomar unhas tapas e unha cervexa, ou invitalos a unha cea, distendida, máis que cordial... que o mundo é moi bonito home!!!. Seguro que entre vós aprendedes algo, insisto en que non os tendes que levar mal.
Ademais, así eu paso un rato agradable e aprendo ainda máis, por que non?
:)
Saúdos.
Rivas e Caneiro teñen moito que aprenderme, claro; pero non creo que o de Verín estea de ánimo para moitas cordialidades comigo. Ademáis, a cordialidade dá moi pouco xogo para o espectáculo. The show must go on!
A min faime moita gracia o solemne que se pon sempre Caneiro até nas cousas máis nimias. O de que fale de si mesmo en terceira persoa é ben gracioso, non me digan que non.
Todo isto independentemente da súa calidade literaria, que, ao meu modesto entender, é desigual: do excelso ao pésimo, pasando polo mediocre. Como case todos os escritores, por outra banda.
Eu non sei que entendedes vós por literatura. Para min literatura son os escritos que se distinguen pola beleza de estilo e expresión que é o que fai Caneiro a diferencia da maioría das novelas que hoxe en día se publican, onde a preocupación se centra máis no fondo que na forma con tramas que avanzan de xeito ridículo e personaxes pouco creíbles.
Caneiro ponse solemne porque defende con uñas e dentes a súa literatura (incomprendida por moitos e alabada por outros tantos)Eu estou no segundo grupo.
Inevitable
É moi enternecedora a súa devoción, Lulú (on the bridge?). Non teño nada que obxectar que ande á busca de beleza de estilo e que pense que a encontrou en Caneiro. Mais tamén ten que comprender que outros non o teñamos nun altar e que o avaliemos polas súas obras: unhas mellores e outras peores. E que nos cause hilaridade a súa solemnidade (isto, eu non o podo evitar, francamente).
Isto é de coña!
Isto é de coña!
A páxina do Caneiro pareceme, sinxelamente, perversa, e se ao de falar en terceira persoa lle sumas esa fotiño... Ufff!
Pero o máis simpático é que esta é a alta literatura desta lingua: o Caneiro, o Rivas e o Jaureguizar, mi má! Somentes falta Suso de Toro escribindo unha bitácora sobre todo este enleado.
Bicos!
Lulú, eu non dubido de que Caneiro sería un clásico de ter escrito no século XVIII, pero practicar ese oteropedrayismo destas alturas... Está claro que os seus libros non pecan de "tramas que avanzan de xeito ridículo" nin "personaxes pouco cribles", o que escribe non pasa de ser bosquexos de tramas e de personaxes; a maiores, as súas ficións carecen de estrutura e de ritmo. Eu nunca me atrevería a chamar novela a un texto sen trama, sen personaxes, sen estrutura e sen ritmo, pero está claro que eu non son un clásico e me importa un carallo selo. A ver, xa lemos a Joyce, xa lemos a Flaubert ('Bouvard et Pecuchet'), xa nos deleitaron co seu formalismo... o problema de Caneiro é que pasou un siglo dende aquelas brincadeiras estilísticas e ninguén lle explicou que ficaron nun beco, nun caleixón sen saída.
Na súa resposta xa vai contida a miña idea: Caneiro parécese a Joyce e a Flaubert. Acaso pode haber unha maior loa para un escritor?
En canto ao paso do tempo, dicir que aínda que esteamos no século XXI eu sigo lendo aos clásicos xa que os "progres" pouco aportades.
Lulú, recoñece que eu non sería quen de facer unha interpretación máis arrevesada do meu comentario. Obviamente, referíame a Caneiro como imitador de Flaubert e Joyce. ¿Bo? ¿Malo? Iso saberémolo (ou non) dentro de cincuenta anos. Eu, dende logo, daquela penso estar servindo de nutrinte para un cultivo intensivo de champíñóns. Grazas polo seu sentido do humor.
Slamp Puff Stromp
Non son un gran lector de Caneiro: empecei tres e acabei dúas (pola forza, iso si). Pero non se trata aquí de xulgar o seu estilo demodé, a ausencia de acción e, o que é máis importante, de algo que contar. Trátase de que anda a montar gresca sen xeito nin maneira, cun embiguismo de catálogo. Non vou afondar en xuízos literarios: como personaxe do sistema literario é o que se denomina un "pesao".
Pola contra, a min interésame máis Caneiro como escritor que coma personaxe do sistema literario cuxa pesadez é perfectamente eludible.
E a cuestión que a min me parece de interese é a que subxace ás últimas respostas de Jaure e Lulú: naturalmente, calquera pode escribir como lle peta (e pola mesma, todo podemos ler o que nos pete), pero ¿ten sentido escribir hoxe como se de Flaubert para acó non tivese acontecido nada literariamente falando?
Pero alguén dos que aquí andan leu Flaubert ou Joyce???
Eu algo lle lin dos dous. Por ler, mesmo lle lin algo a Caneiro e Jaureguízar.
As cantadas de Caneiro
Son como esta ou estoutra. Aquí teñen máis.
Boas, Césare. Si, non dá moitas oportunidades quen pensa que se "rebaixa" por contestar a unha críticá. A saber en que alturas anda...
Si, Ollo, un pode escribir o que lle pete, loxicamente; pero, se un é incapaz de artellar unha novela, non pode recorrer a dar continuidade á maquinaria novelística mellor montada do século XIX, a 'Madame Bovary'. Iso é case que como andar buscando unha malleira teórica de calquera que saiba minimamente do asunto.
Temo que algo non funcionou como debería, Calidonia.
Pero vostede leu xa a Bovary de Caneiro? Eu acabo de ler esa novela e podo asegurarlle que levaba moitos anos sen ter a sensación que esa novela me deu. Nin sei o que di a crítica, ou os culturetas, nin me importa, para min é unha das mellores novelas que lin na miña vida. E está escrita no meu idioma. Síntome moi orgullosa. E se vostede e os que son da súa corda tiveran un mínimo orgullo de escribir (e de escribir en galego) en vez de criticar sen razón esta novela apuntaríanse a dicir o que pensa calquera lectora dunha novela excelente, boísima, que escribiu un galego de Verín. A xente como vostede e moitos dos que escriben como vostede dáme vergoña.
Ante todo, moita calma
Tranquilícese, señora Ana. Deixe que a xente opine o que queira, aínda que se equivoque... ou non.
Dona Ana, non lin 'A vida nova de Madame Bovary', porque me desinterosou nas primeiras páxinas. Caneiro ten unha prosa artificiosa que logo me cansa. Sobre o galego, eu non fachendearía tanto neste caso. Xa me explicará por que sente esa vergoña de nós, porque nos amolan os escritores que insultan para a seguir afirmar que non insultan e que son vítimas. En Lugo chamámoslle cinismo a esa actitude, non sei en Verín.
Si, Land, semella que ata os lectores de Caneiro dan en estaren posuídos por esa verdade tan absoluta como a súa literatura.
Qué ben lle vai a vostede cada vez que fala do Caneiro, señor Jaureguízar, só así ten interese o seu blog. Pero iríalle moito mellor se non dixese parvadas sobre a súa literatura. Dicir que leu as primeiras páxinas desta novela e que a deixou é un indicador da súa competencia intelectual e literaria. De cousas como esta ha de arrepentirse algún día. esta é unha grande novela, das mellores da nosa historia literaria, e hai que ser moi torpe ou un negado para a literatura para pensar o contrario. Sempre imaxinei que sería un pouco máis intelixente (é vostede un lince gañando premios, sobre todo dende que se posicionou en contra do Caneiro), pero vexo que a estupidez non ten límites, como ben dixera Claude Chabrol. Siga botando pestes de "A vida nova de Madame Bovary", siga. A historia ha de medir a súa pésima e lamentable nun intelectual actitude.
Marga, estoulle ben agradecido a Caneiro porque atrae moita clientela ao espectáculo de varietés que preparo diariamente para o Cabaret Voltaire, e, máis aínda, por todos os premios que me está reportando criticalo. Desculpe por non ler 'La vida de Madame Bovary' ao completo pero teño varias entregas atrasadas e ando lendo pouco. Entenderá que entre un libro de Caneiro (por moi obra mestra que sexa) e un libro que me apetece, quede co segundo. A estupidez non ten límites, pero non fai falta ler a Chabrol para decatarse. Gustaríame que valorase ás persoas por algo máis que pola súa intelixencuia: eu teño unicamente a que me tocou no reparto entre os cinco irmáns que somos, pero mesmo teño dous que son superdotados. Non vou botar moitas pestes sobre o último libro de Caneiro porque non lin, podería botalas de 'Ámote', por exemplo, porque levo 16 anos traballando en xornais e si o lin. Sobre o que opine a Historia, desculpe que prefira que a miña actitude intelectual sexa unicamente do inmediato. Esta mesma tarde eu (ou mesmo vostede) podemos estar ser cadáveres. Carpe diem, como dixo... ¿foi Chabrol?
Poster un commentaire
Rétroliens
URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=9783477
Liens vers des weblogs qui référencent ce message :